jueves, 15 de julio de 2010

programa aluga

SUBVENCIÓNS A PERSOAS TITULARES E INQUILINAS DAS
VIVENDAS ARRENDADAS NO PROGRAMA ALUGA (Resolución
do 9 de xullo. DOG 134 do 15 de xullo de 2010)
http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d
7/9635aaee2ab2a643c12577600065f073/$FILE/13400D016P092.PDF
OBXECTO
Convocatoria no exercicio 2010 das seguintes liñas de axuda:
1. Axuda ás persoas inquilinas para o financiamento parcial da renda
2. Subvención de obras e actuacións de reforma das vivendas
AXUDAS ÁS PERSOAS INQUILINAS
Poderán ser beneficiarias as persoas inquilinas e as unidades familiares ou de
convivencia que reúnan as condicións sinaladas no artigo 43.2º do Decreto 84/2010,
do 27 de maio. A contía determinarase de acordo co artigo 44 do mesmo decreto.
As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado (anexo I) nas oficinas do
IGVS ou en calquera rexistro da Xunta de Galicia. Xunto coa solicitude deberá
entregarse:
─ Declaración do IRPF de todos os membros ou declaración responsable dos
ingresos da unidade.
─ Declaración responsable da composición da unidade familiar e autorización
para solicitar as acreditacións relativas a ingresos e débedas (anexo IB).
─ Declaración responsable das subvencións, axudas ou ingresos solicitados e/ou
concedidos para a mesma finalidade (modelo IC).
─ No caso de solicitude por prórroga do contrato de arrendamento, ademais do
anterior, xustificantes de pagamento dos últimos doce meses dos recibos de
auga, electricidade e/ou gas.
As solicitudes deberán presentarse antes do día 10 do mes da data de efectos do
contrato de arrendamento formalizado ao abeiro do Programa Aluga. No caso de
prórroga do contrato, a solicitude de axuda deberá presentarse antes do día 15 do
segundo mes anterior ao do vencemento da vixencia do período inicial ou da
correspondente prórroga do contrato de arrendamento.
SUBVENCIÓNS DE OBRAS E ACTUACIÓNS DE REFORMA NAS VIVENDAS
Poderán ser beneficiarias as persoas físicas titulares dunha vivenda arrendada no
marco do Programa Aluga. A contía determinarase de acordo co artigo 40 do Decreto
84/2010, do 27 de maio.
As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado (anexo II) nas oficinas do
IGVS ou en calquera rexistro da Xunta de Galicia. Xunto coa solicitude deberá
entregarse:
─ Para o caso de non constar no expediente e de non autorizar a consulta
telemática da Administración, DNI ou NIE de todos os titulares da vivenda.
Secretaría de Política Social
Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia
─ Facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico
mercantil, ademais dos xustificantes de gasto realizado. Deberán presentarse
os xustificantes do seu pagamento, xunto cunha relación dos xustificantes
achegados (anexo IIB).
─ Declaración responsable das subvencións, axudas ou ingresos solicitados e/ou
concedidos para a mesma finalidade (modelo IIC).
As solicitudes de subvención de obras e actuacións de reforma nas vivendas deberán
presentarse entre a data de formalización do primeiro contrato de arrendamento e o
día 15 do mes seguintes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario