martes, 29 de junio de 2010

Nova Nómina

No DOG do venres 25 de xuño sae publicada a nova orde de confección de nóminas que será aplicada a partir deste mes ( xa incluid0), podedes consultala ali e veredes o que nos descontan , dentro de pouco teremos que pagar por vir traballar, ¡¡esto é un escandalo¡¡
Recordovos que CC.OO. ten interposto unha reclamación xudicial contra este recorte , baseandose en sentencias xudicias do Supremo que aseguran non se pode mermar un dereito adquirido, como é unha nómina, Veremos que sae de ahi.
Para amosar o voso disgusto aproveitar e acudide todos e todas a manifestacción de mañán que sae as 20 horas dende a Alameda de Santiago ata a praza de platerías.

ACOPLAMENTOS

Onte reunímonos os sindicatos integrantes na Comisión de centro, agás o CSIF que non convocamos ,e decidimos informar o conxunto dos traballadores do que está a pasar con este tema . Decidíuse facer unha nota informativa e repartila o persoal. Aqui vos deixo o que nela se recolle.

ACOPLAMENTOS


Información ós traballadores

CIG, CC OO, SAE, SATSE, UGT, OMEGA

Queremos informar @S TRABALLADOR@S DO C.H.U.S, de que os Acoplamentos están paralizados por culpa da CSIF e da DIRECIÓN.

Os Acoplamentos foron asinados por maioria da Comisión de Centro,(da que a CSIF forma parte).
Persoal Sanitario non facultativo: Acta do 1 de xuño de 2007.
Persoal non Sanitario e de xestión e servizos: Acta do 5 de novembro de 2008.
Actas expostas nos taboleiros da Xunta de Persoal, e a vosa disposición nos nosos Locais Sindicais.

A CSIF, ten denunciado as bases do Acoplamento de Persoal Sanitario que se levou a cabo no ano 2008.

En base a esta sentenza, o día 24 de xuño nunha reunión con RR HH, a CSIF e a Dirección, intetan coaccionarnos para que asinemos unhas bases de acoplamento onde:

NON se teña en conta o tempo traballado noutras categorías.
Os traballador@s que estén reubicados por saúde e non acaden a praza que lles apetece, teñan prioridade de reubicación por encima dos traballador@ que están na lista de SAÚDE.

Estas maniobras o que fan é retrasar o acoplamento.
Quén gaña con esto?
Hai intereses ocultos?

CIG, CC OO, SAE, SATSE, UGT, OMEGA
Esixímoslle a Dirección do CHUS:
Acoplamentos XA!

martes, 22 de junio de 2010

MANIFESTACIÓN DO 30 DE XUÑO EN SANTIAGO.

Tralo anuncio do goberno central de aplicación do decreto de reforma laboral, e entendendo os sindicatos maioritarios que é un atropelo dos dereitos dos traballadores, asi como de un retroceso en condicións laborais, e de ningún xeito introduce fórmulas que garantan a creación de emprego. CC.OO. e UXT convocan como antesá da folga xeral de setembro unhas manifestacións en casi todas as capitais das diferentes comunidades autónomas.
A que se convoca en galicia faráse en Santiago o día 30 de xuño ás 20 horas con saída dende a Alameda ata a praza de praterías.
A hora na que se convoca intenta facilitar a asistencia do maior número de persoas posible.
É importante que acudamos xa que afectanos a todos e todas .

PARTICIPA CONNOSCO NA CONCENTRACIÓN DO 30 DE XUÑO

plazas de celadores a traslados

OBJETIVO CONSEGUIDO
Na xuntanza que tivo lugar este venres pasado , o SERGAS acepta con ofertar o concurso de traslados as plazas de celadores de PAC, así como as de planchadoras de ferro que faltaban.
Hai algunhas que nos tamén reclamamos que nembargantes non aceptan , por causas organizativas ou de reestructuracións.
Seguiremos insitindo.

martes, 15 de junio de 2010

TRASLADOS


CC.OO. ESIXE QUE SAIAN A CONCURSO DE TRASLADOS AS PRAZAS DE CELADORES DE A. PRIMARIA, PERSOAL DE OFICIOS, PASADORAS DE FERRO E LAVANDEIRAS OCUPADAS POR INTERINOS E COMISIÓNS DE SERVICIO.
SE O SERGAS PRETENDE FACER RECLASIFICACIÓNS ENCUBERTAS NON SERÁ CON NOSO APOIO.

TODOS TEMOS DEREITO A MOBILIZACIÓN VOLUNTARIA


CONCENTRACIÓN
DIA 18 /06/2010
AS 11 HORAS DIANTE DO SERGAS- SANTIAGO

MOVETE POLOS TEUS DEREITOS

PRAZAS TRASLADOS

PRAZAS DE CELADORES EN AT. PRIMARIA.



Logo da concentración que levamos a cabo diante do SERGAS solicitando que saíran o 100% das vacantes o concurso de traslados, atopámonos con que na categoría de celador en PACS non só no cumpren o prometido senón que eles deciden pola súa conta non sacar ningunha praza desa categoría ,nin no concurso de traslados nin para a OPE, ca excusa de que pensan reconvertilas, pero tampouco as sacan como PSX.
Preguntámonos ¿ que pasará con esas prazas? ¿Pensarán deixar os interinos que están ocupandoas alí para sempre?.
Ademáis esto supoñe unha discriminación deste colectivo co resto dos traballadores, impidindolles unha movilidade regulada por Lei, relegando a este persoal a traballar sempre na Atención Especializada así como a posibilidade de cambio de destino o ter menor número de prazas para moverse.

Dende CC.OO. ESIXIMOS o SERGAS que saque a concurso estas prazas , e xa falaremos de reconversións cando toque e si toca.

jueves, 10 de junio de 2010

CARREIRA PROFESIONAL EXTRAORDINARIA

CCOO FAI UNHA RECLAMACIÓN Ó SERGAS DE QUE SE CUMPRAN OS PRAZOS DE RECOÑECEMENTO E APLICACIÓN DA CARREIRA PROFESIONAL EXTRAORDINARIA.

CCOO ante un informe da nosa Asesoría Xurídica recoñecendo que a Administración ten que cumplir os prazos publicados sobre o recoñecemento da Carreira Profesional Extraordinario, reclama ó SERGAS a carreira profesional extraordinaria para o persoal das distintas categorías, que están pendentes do seu acceso no ano 2010.
Solícitase a aplicación directa dos prazos de efectos, tanto do persoal estatutario como do persoal integrado.
Estas reivindicacións xa se levan facendo por parte desta organización sindical dende fai tempo nas diversas Mesas Sectoriais.
Non estamos dacordo con que a Administración incumpla cando lle dá a gana os acordos asinados. Se é posible acudiremos os tribunais.

Para máis información pasade polos locais sindicais

RECORTE SALARIAL DO GOBERNO DO PP


RECORTE SALARIAL DO GOBERNO DE FEIJOO


O día 7 anunciannos na mesa da función pública a modificación dos orzamentos para esta Comunidade tralo recorte aprobado polo goberno de Madrid.

Pouco que dicir do que alí contaron, que non é o mesmo que contan en Madrid. O director xeral de orzamentos, o que colleu o cargo falando xa de privatizacións, non só vai baixar os salarios dos empregados públicos de Galicia, tamén vai recortar os orzamentos dos concertos e convenios de colaboración da Xunta, como os de atención ás drogodependencias.

Curiosamente o PP non apoia o Plan de Zapatero , pero despois e apesares do que manifesta en Madrid , nas comunidades que goberna tamén recortan a parte que lles toca. ¿En que quedamos Sr. Feijoó, está dacordo co Psoe ou non o está?
Claro cando falamos de cartos ninguén quere deixar de recaudalos, aínda que outros leven a culpa.

Sen explicar polo miudo cómo vai a ser o desconto sí nos dí que van baixar un 5% as retribucións de salario base, trienios e complemento de destiño , e un 4% o restos dos complementos.

ISTO DEBE SER A ADAPTACIÓN DA QUE FALOU FEIJOO CANDO DIXO EN MADRID QUE NON IA A APLICAR O DECRETO EN GALICIA.
É o segundo decretazo que nos aplican ao persoal estatutario do SERGAS, primeiro suspensión de acordos e agora reducción.
IGUAL EN GALICIA QUE EN MADRID, NESTO SÍ ESTÁ DACORDO.

Eso sí, non se retira o Plus de altos cargos nin se merman os postos de asesores e persoal de confianza, tampouco imos vender mais coches oficiais.

PARTICIPA NAS MEDIDAS QUE SE LEVEN A CABO
!!! NON QUEDES COMA UN BONECO NAS SÚAS MANS!!


¡¡¡NON O DECRETO DE FEIJOO¡¡¡