jueves, 10 de junio de 2010

CARREIRA PROFESIONAL EXTRAORDINARIA

CCOO FAI UNHA RECLAMACIÓN Ó SERGAS DE QUE SE CUMPRAN OS PRAZOS DE RECOÑECEMENTO E APLICACIÓN DA CARREIRA PROFESIONAL EXTRAORDINARIA.

CCOO ante un informe da nosa Asesoría Xurídica recoñecendo que a Administración ten que cumplir os prazos publicados sobre o recoñecemento da Carreira Profesional Extraordinario, reclama ó SERGAS a carreira profesional extraordinaria para o persoal das distintas categorías, que están pendentes do seu acceso no ano 2010.
Solícitase a aplicación directa dos prazos de efectos, tanto do persoal estatutario como do persoal integrado.
Estas reivindicacións xa se levan facendo por parte desta organización sindical dende fai tempo nas diversas Mesas Sectoriais.
Non estamos dacordo con que a Administración incumpla cando lle dá a gana os acordos asinados. Se é posible acudiremos os tribunais.

Para máis información pasade polos locais sindicais

1 comentario:

  1. Os sindicatos sodes uns incompetentes firmades uns acordos que logo pasades de largo facedes a vista gorda e despois pedidesnos que vaiamos a folga podese saber o que eata a pasar coa carreira profesional que xa tiñan que pagar desde o mes de xullo , espero que espabiledes demostrando que tamen estades para defender os nosos dereitos qu e para eso cotizamos

    ResponderEliminar