jueves, 15 de julio de 2010

plan renove de gas

PLAN RENOVE DE INSTALACIÓNS INDIVIDUAIS DOMÉSTICAS
DE GAS EN GALICIA (Orde do 7 de xullo. DOG 134 do 15 de
xullo de 2010)
http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d
7/9635aaee2ab2a643c12577600065f073/$FILE/13400D003P006.PDF
OBXECTO
Axudas do programa de renovación dos equipamentos domésticos (caldeiras
ou quentadores) individuais de gas de circuíto aberto, cunha antigüidade maior
a quince anos, ou a substitución ou instalación dunha cheminea nunha
comunidade de veciños por novos equipamentos individuais de gas de circuíto
estanco.
CONTÍA DA AXUDA
A axuda acadará o 30% do investimento subvencionable, cun límite máximo de
1000 € no caso de substitución de equipamentos (caldeiras ou quentadores).
Se se trata da substitución ou a instalación dunha cheminea, a axuda será de
250 € por cada caldeira conectable á nova cheminea, cun máximo de 1500 €
por cada cheminea que instale a comunidade de propietarios.
BENEFICIARIOS
─ Propietarios de vivendas situadas en Galicia que procedan a renovar o
equipamento obxecto da subvención.
─ As comunidades de propietarios nas cales se proceda á substitución ou
instalación dunha cheminea.
SOLICITUDES
1. Comunidades de propietarios (chemineas):
a. Copia do DNI ou NIE do presidente da comunidade
b. Copia da acta de constitución da comunidade
c. Copia da acta na que se nomea o presidente da comunidade
d. Certificación do acordo adoptado por unanimidade pola comunidade de
propietarios no que se aceptan as bases da convocatoria
e. Certificación do presidente da comunidade acreditando o número de
caldeiras conectables e para subvencionar que se conectarán á nova
cheminea
f. Modelo de aceptación de condicións (anexo III)
g. Datos e características do equipamento que se pretende substituír e do
novo equipamento
h. Orzamento detallado das actuacións coa correspondente desagregación
do IVE
Secretaría de Política Social
Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia
2. Vivendas (caldeiras ou quentadores):
a. Copia do DNI ou NIE
b. Modelo de aceptación de condicións polo usuario (anexo III)
c. Datos e características do equipamento que se vai substituír e do novo
equipamento
d. Documentación acreditativa da antigüidade do equipamento que se vai
substituír
e. Copia da escritura da vivenda a nome do solicitante, ou recibo do
imposto de bens inmobles (IBI) a nome do solicitante
f. Orzamento detallado das actuacións coa correspondente desagregación
do IVE
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Os formularios de solicitude deberaos obter, cubrir, validar e imprimir o
solicitante a través da aplicación informática «Axudas virtual» (procedemento
IN411A-presentación electrónica), dispoñible no enderezo:
http://axudasindustria.xunta.es/att ou en
http://www.xunta.es/presentacion-electronica-da-xunta-de-galicia,
usando a ligazón co procedemento IN411A.
A presentación farase por escrito ou en formato electrónico ante os rexistros da
Xunta de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro de 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario