martes, 6 de julio de 2010

CCOO recurrira ante los tribunales el recorte salarial

CC.OO. implícase no deseño dunha estratexia colectiva de defensa dos empregados públicos en canto ó recorte salarial
.


RESPOSTA XUDICIAL DE CCOO DIANTE DOS RECORTES SALARIAIS DOS
EMPREGADOS E EMPREGADAS PÚBLICOS



CCOO, ademais de instar diante do Valedor do Pobo a presentación dun Recurso de inconstitucionalidade fronte ao Real Decreto Lei 8/2010, coordinará o exercicio das accións colectivas que garantan plenamente a defensa xurídica dos dereitos dos afiliados e afiliadas.

Os servizos xurídicos de CCOO optan pola defensa colectiva por razóns de eficiencia e de oportunidade, pola amplitude dos colectivos afectados, a complexidade das normas e as súas aplicacións, e a necesidade de artellar unha estratexia coherente e coordinada.

Desde CCOO estamos a traballar con todos os esforzos na defensa da nosa posición de crítica e rexeitamento das medidas excepcionais e discriminatorias e do brutal ataque aos dereitos colectivos e individuais das persoas empregadas públicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario