lunes, 26 de julio de 2010

Carreira Profesional Extraordinaria

CC.OO. INFORMA
MESA SECTORIAL 20 DE XULLO
CARREIRA PROFESIONAL EXTRAORDINARIA


CONVOCATORIA DE GRADOS PENDENTES

Ante a reclamación de CC.OO. da convocatoria pendente para solicitar o recoñecemento dos grados de carreira profesional extraordinaria, suspendidos unilateralmente polo SERGAS , na mesa sectorial do dia 20 de xullo de 2010, a administración comunicanos o seguinte:

A asesoría xurídica do SERGAS emiteu un informe ditaminando que non se poden abrir os prazos só para o recoñecemento do grao da carreira,sen recoñecemento económico,xa alteraria o pactado nos acordos de carreira profesional extraordinaria. Alegan que o recoñecemento do grao só a efectos administrativos pode dar lugar a inseguridade xuridica(reclamación da retribución correspondente)
A suspensión dos acordos retributivos levada a cabo unilateralmente polo SERGAS implicaba tamén a suspensión da carreira profesional extraordinaria.
O SERGAS insiste en que a carreira extraordinaria é unha foto fixa, e que agora só queda negociar a carreira ordinaria. Non se vai a completar a carreira extraordinaria.

CC.OO. solicitou dito informe.
CC.OO. desvincula o dereito a carreira profesional dos traballadores/as do Sergas aos acordos retributivos.
CC.OO. denuncia a discriminación que promove a Administración entre os traballadores/as do Sergas.

No mes de xuño CC.OO. iniciou a reclamación das convocatorias pendentes, agora temos que agardar a resposta do SERGAS ou o prazo de 3 meses de silencio administrativo para seguir adiante coas reclamacións, prazo que se cumpre o 2 de setembro, así que os manteremos informados dos seguintes pasos a dar a partir de dita data.

Pasade polas seccións sindicais de CC.OO. para mais información

1 comentario:

  1. Que verguenza o voso defendedelo , sodes un inutiles,pandilla de prevaricadores ,non me extraña que os comentarios que hai vos deixen quedar como invitados para comer na mesma mesa para darllela razon os mandamais, reflexionade para ser dignos de representar a clase obreira,

    ResponderEliminar