lunes, 26 de julio de 2010

Concurso de Traslados.

CONCURSO DE TRASLADOS

1.- PREVISIÓN DE PUBLICACIÓN NO DOG: 28 DE XULLO

2.- BAREMO DE MERITOS:

2.1.- Personal licenciado sanitario (210 ptos)
2.1.1.- Experiencia profesional (ata un máx de 170 ptos)
2.1.2.- Coñecemento da lingua galega (ata un máx de 10 ptos)
2.1.3.- Formación (ata un máx de 20 ptos)
2.1.4.- Outras actividades (ata un máx de 10 ptos)

2.2.- Para o resto de categorías (260 ptos).
2.2.1.- Experiencia profesional (ata un máx de 250 ptos)
2.2.2.- Coñecemento da lingua galega (ata un máx de 10 ptos)

3.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 15 de Septembro.

4.-INSTRUCIÓNS PARA A CORRECTA CUMPRIMENTACIÓN DE INSTANCIAS:
4.1.- -Para obter/cubrir o formulario de solicitude de participación no concurso de traslados, deberá facelo a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES).
4.1.1. -Se posúe un certificado dixital ou DNI electrónico:
a) Acceda á páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es
b) Na páxina inicial, no apartado Recursos Humanos, pulse o apartado "Oficina Virtual do Profesional (FIDES)"
c) No menú principal de FIDES, faga en "Concurso de traslados"
d) Neste punto aparecerá unha pantalla na que vostede terá que rexistrarse cos seus datos persoais para poder acceder ao asistente de xeración da solicitude.
e) Nas seguintes pantallas, o asistente serviralle de guía nos pasos necesarios para completar a solicitude.
f) Utilice a opción 'Imprimir' que aparece ao final do asistente (cuarto paso). Esta opción xera dúas copias do formulario, unha para entregar no rexistro e outra para o interesado.
4.1.2. - Se non posúe un certificado dixital nin DNI electrónico, a través da intranet do Servizo Galego de Saúde:
a) Acceda á "Oficina Virtual do Profesional (FIDES)" en http://fides
b) No menú principal de FIDES, faga en "Concurso de traslados"
c) Neste punto aparecerá unha pantalla na que vostede terá que rexistrarse cos seus datos persoais para poder acceder ao asistente de xeración da solicitude.
d) Nas seguintes pantallas, o asistente serviralle de guía nos pasos necesarios para completar a solicitude.
Utilice a opción 'Imprimir' que aparece ao final do asistente (cuarto paso). Esta opción xera dúas copias do formulario, unha para entregar no rexistro e outra para o interesado.
4.2. -Para aqueles concursantes provenientes do Sistema Nacional de Saúde, que non poidan acceder ao formulario de solicitude a través da Oficina Virtual do Profesional, habilitarase un enlace na páxina web do Sergas (www.sergas.es):
a) Acceda á páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es
b) Na páxina inicial, no apartado Recursos Humanos, pulse o apartado "Concurso de traslados"
c) No apartado 'Impresos para a participación no proceso', na liña "Solicitude de participación", faga en "Cubrir o formulario de participación electrónico"
d) Neste punto aparecerá unha pantalla na que vostede terá que rexistrarse cos seus datos persoais para poder acceder ao asistente de xeración da solicitude.
e) Nas seguintes pantallas, o asistente serviralle de guía nos pasos necesarios para completar a solicitude.
f) Utilice a opción 'Imprimir' que aparece ao final do asistente (cuarto paso). Esta opción xera dúas copias do formulario, unha para entregar no rexistro e outra para o interesado.
EN CALQUERA CASO, RECORDE QUE:
Unha vez impreso o formulario de solicitude de participación debe ser presentado no rexistro xunto coa documentación solicitada nas bases da convocatoria do concurso de traslados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario