miércoles, 28 de julio de 2010

Mesa Sectorial de onte

CC.OO. INFORMA
Mesa Sectorial 27 de xullo de 2010.


Na mesa sectorial celebrada hoxe o único punto na orde do dia era o Plan de ordenación de recursos humanos do persoal estatutario do SERGAS.

As organizacións sindicais da Mesa Sectorial pedímoslle a administración, de xeito unánime, que aprazara a aprobación tanto do Plan de ordenación de recursos como do proxecto de Xestión integrada das áreas sanitaria, e que debateramos os dous documentos en profundidade, tanto a súa redacción como o seu desrenrolo.
A directora de recursos humanos considerou que non había por qué facer mais debate no que atinxe ó documento base e que xa falariamos do resto, polo que non aceptou, de momento , o aprazamento solicitado. Finalmente dixo que o ía transmitir á Consellería e nos daría unha resposta.

Adxuntamos o texto do escrito entregado hoxe na Mesa Sectorial.

Non asinaremos nada que non sexa debatido coa representación legal dos traballadores e consultado con os profesionais que traballamos, e duramente, no Servicio galego de saúde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario