viernes, 13 de noviembre de 2009

Mesa Sectorial de onte

Onte houbo a xuntanza da mesa sectorial, como xa sabedes, era o compromiso da Conselleira tralas movilizacións levadas a cabo pola suspensíón dos acordos, o acontecido foi de chorar, o único que nos entregan é unha nova proposta cun escenario de tempo para cumprir os acordos...A esperar máis tempo aínda, como eran xa poucos anos pois queren meter máis¡¡¡ Pero e que así non se pode chegar a ningún acordo, non sei que pensan. A continuación vos deixo por escrito a proposta presentada de novo escenario temporal de cumprimento dos Acordos.

As bases son as seguintes:
ano 2010:non se aplicará ningún incremento retributivo
ano 2011:ano de inicio de cumprimento de parte dos Acordos Suspendidos
ano 2014: data límite para o cumprimento de todos os Acordos Suspendidos

A proposta non contempla:
a Carreira Profesional Ordinaria nin cómo rematará e enlazará coa Extraordinaria.
as melloras recollidas no Plan Mellora,e logo derivadas a outro Acordo.
nada do incumprido no 2009
ningunha subida para o 2010
a concreción dos Acordos a cumprir

A opinión que a CC.OO. lle parece esta nova proposta é que a metan por onde ches quepa¡¡
¡¡ESIXIMOS UNHA NOVA PROPOSTA ONDE SE RECOLLAN TODOS OS ACORDOS SEN APLAZAMENTOS¡¡¡
Xa non asinamos un Acordo Marco,entre outras razóns, porque considerábamos excesivo o prazo de aplicación 2008-2012,polo que rexeitamos aceptar un aplazamento maior que volte a hipotecar o futuro da negociación dos traballadores.

O vindeiro martes a Plataforma unitaria vai facer asembleas de traballadores nos centros do Complexo para explicar máis a miúdo o texto presentado, asi como para escoitar as vosas opinións. Ese día CC.OO. non poiderá asistir as asembleas por estar nun Consello que xa estaba fixado, pregamos disculpas, pero non poidemos trocar ningunha das dúas datas, De calqueira maneira xa sabedes como contactar con nos para decirnos o voso parecer. Vos seguiremos informando.

2 comentarios:

  1. Estou dacordo con vos,podense meter as súas propostas onde lle de máis gusto,xa estamos fartos de tanto caxondeo,tómanos por parvos ou que,sexamos serios e deixemos de facer perder o tempo a xente,que entenden por acordos se despois os votan abaixo,que deixen as cousas como estaban e aporten máis melloras,pero que non veñan a desfacer o que xa estaba feito que parece que é o único que saben facer.É unha mágoa que a estas alturas teñamos que sufrir tanto bochorno,esto é democracia o que é,que vos convoquen cando realmente queiran aportar solucións,senon que se absteñan a caxondearse máis,xa está ben.

    ResponderEliminar
  2. gracias maconse polos teus sempre benvidos comentarios, a verdade, e que con xente coma tí, e doado facer esforzos, para tervos informados. moitas gracias

    ResponderEliminar