miércoles, 18 de noviembre de 2009

denuncia sindical da OPE

Como xa vos informamos, recibimos moitas queixas despois da proba de PSX e AUX. Admtvo. por haberse detectado moitas irregularidades que non podemo nin debemos consentir. A Secretaria Xeral da Federación deste sindicato , ha posto o tema en coñecemento do SERGAS facendo un relato dos feitos acontecidos , para ter unha xuntanza cos tribunais correspondentes. Vou deixarvos aqui copia do escrito para que o vexades. Unha vez que teñamos noticias , como sempre vos informaremos.

A/A Rosario Garcia Villadangos
S.Xeral de xestión e Políticas de Persoal

De: Lola González Lorenzo
S.Xeral da FSS de CC.OO.

Asunto: Irregularidades na realización do exame da OPE 08/09 categorías PSX e Auxiliar administrativo.

Santiago 18 de novembro de 2009
Logo da realización das probas das categorías de PSX e Auxiliar administrativo o pasado domingo 15 de novembro no recinto ferial de Silleda, achegamos as seguintes irregularidades que nos foran prantexades por un gran número de opositores:

O papel da planilla de respostas estaba defectuoso, polo que non cumpriu coa función autocopiativa, os aspirantes que lle sucedeu esto non poideron levar unha copia para a súa corrección.
Unha prantexado o problema a algúns aspirantes se lles dixo que podían copiar as respostas noutro papel de xeito rápido, moitos non tiveron tempo de facelo.
Outro aspirantes que xa sairan do recinto voltaron a entrar para facer copia das respostas.
Formouse unha fila de xente que, co exame orixinal na man, estiveron agardando para facer copia das respostas , poidendo alterar as mesmas, xa que podian falar entre eles e manipular a folla de respostas.
Aos aspirantes que sairon e voltaron a entrar se lles entregou o seu exame para copiar, e coa posibilidade de rectificar.
Os aspirante que non fixeron no momento a copia teñen agora a oportunidade de pedila e que lle sexa enviada, pero sen ter a certeza de que sexa realmente a sú proba.


Dada a gravidade do asunto consideramos necesario e urxente manter unha xuntanza cos tribunais correspondentes e a súa dirección, na que se nos explique a solución que se lle vai dar o problema, se é necesario repetir as probas , e a seguridade que teñen tendo en conta que non se mantivo a confidencialidade.

Agardamos a súa resposta


Asdo: Lola González Lorenzo
S.X da FSS de CC.OO.

3 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. E o tema dos celadores,a súa OPE tamén tivo guasa,non terán tempo para facer un exame en condiciones sen andar a marear a xente,xogase moito neste examen,para aínda ter que aguantar isto,por certo,teño entendido que houbo un porcentaxe de aprobados de celadores,dun 10%,canto houbo de TCAE,sabedes?

    ResponderEliminar
  3. non temos esa información , sentimolo, só sabemos que houbo moitas queixas, e moitas impugnacións.

    ResponderEliminar