miércoles, 25 de noviembre de 2009

xuntanza plataforma

Despois das asembleas que houbo onte en todos os centros do SERGAS , onde maioiritariamente os traballadores e traballadoras decidiron non aceptar a nova proposta do sergas, así como seguir apoiando a unidade sindical e a continuación das movilizacións. A pesares de que en algunhas delas salíu a palabra folga, só en ferrol e O Barco secundouse esta posibilidade polo momento.
Hoxe xuntase a plataforma sindical e en ela tras proposta de CC.OO.decídese que na Mesa sectorial de mañán,se non hai ningún avance na negociación se manteña un peche dos integrantes da Plataforma ata que a Conselleira e os máximos responsables da Consellería e do Sergas desbloqueen a negociación.
CCOO propón ampliar o sentido da Plataforma para que se inclua a defensa da sanidade pública, o que é secundado pola maioría. así como unha entrevista-rolda de prensa cos grupos do PSOE e BNG para a denuncia do deterioro do Sistema Público de Saúde Galego,e o trato que se lle está dando ó persoal deste Servizo.
Como próxima data de movilizacións O día 9 faremos unha concentración de delegados e traballadores diante do Parlamento ás 17 horas. xa que esa é a data de votación dos presupostos, así que non faltade, a ver si o que manifestades nas asembleas logo vese reflexado na realidade de a pé.

No hay comentarios:

Publicar un comentario