jueves, 19 de noviembre de 2009

Mesa Sectorial de hoxe

Hoxe , como xa vos informamos, tivo lugar a xuntanza da Mesa Sectorial do SERGAS. O final, e grazas os vosos esforzos de movilizacións. Pois ben, a Administración muda a súa proposta e avanza algo, aínda que segue sen querer aceptar nada no 2010. CC.OO. manifesta as súas pretensións , que podedes ollar no blog de onte.
O máis sinalable é que o acordo chega só ata o 2013, xa non o 2014 e sen ligar o nivel de ingresos da comunidade.
O 2010, volve a figurar sen nada, agás 6 millóns de euros que teñen que pagar dos acordos deste ano, pero que cumprirían no seguinte, a saber: actualizacións das carreiras, carreira das fundacións con actualizacións a 1 de xaneiro....
No primeiro documento introducen unha clausula de salvagarda , de aplazamento no 2014, para garantizalo cobro si as circunstancias impediran todo o pago no 2013.
A semán que ven vanse facer asembleas nos centros para explicar o acordo proposto, e ver o que lles parece os traballadores. A continuación xuntarase de novo a plataforma para decidir o que fai tendo en conta o manifestado por vos nas asembleas, por iso é moi importante a vosa participación.
Se queredes coñecer xa a nova proposta do SERGAS, pasade polas seccións sindicais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario