viernes, 6 de noviembre de 2009

Opinión do sindicato sobre o aborto.

A Secretaría Confederal da Muller de Comisións Obreiras e as Secretarías da Muller de Federacións e Territorios de Comisións Obreiras, ante a nova Lei de aborto, desexan manifestar que:

  • Se dea conta da demanda social actual (112.138 abortos, datos oficiais do Ministerio de Sanidade, do ano 2007, últimas cifras oficiais) e se garanta a seguridade xurídica das mulleres e a boa atención a quen decida exercer o dereito ao aborto.
  • Se respecte, ante todo, a capacidade de decisión das mulleres.
    Se regule a obxección de conciencia médica e que esta sexa compatible co dereito das mulleres ao aborto.
  • Se garanta o dereito ao aborto na rede pública sanitaria, de maneira que ningunha muller teña que se desprazar lonxe do seu domicilio habitual para facer uso do dito dereito.
  • Se poñan en marcha programas de formación en educación afectivo-sexual tanto nos colexios como nos institutos de ensino medio e formación profesional.
  • Se respecte o traballo dos e das profesionais, tanto da rede pública como da rede privada-concertada, que decidan realizar intervencións de interrupción voluntaria do embarazo e se acabe, polo tanto, coa súa indefensión actual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario