Hoxe levamos a cabo a segunda concentración diante das direccións provinciais do SERGAS reclamando a publicación dos listados de contratación da convocatoria de Abril de 2009.
O SERGAS comprometiu a data de mediados de novembro e agora xa fala de finais de novembro ou decembro XA ESTÁ BEN DE XOGAR CO TRABALLO DO PERSOAL. Esiximos a publicación e entrada en fucionamento das devanditas listas.
E esiximos a negociación inmediata do novo Pacto de Contratacións xusto , que contemple os méritos acadado tanto a nivel de formación como de experiencia profesional cuns BAREMOS XUSTOS.
Agradecemos a participación que tivemos e seguiremos na batalla ata acadar o reclamado.
¡¡Que non lles quepa duda de que continuaremos mobilizándonos ata conseguilo¡¡
jueves, 19 de noviembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
O dito,arranxar non se pode dicir que o SERGAS esta pola labor de solucionar ningún problema,é máis de crealos,penso que non cederon moito,e seus soldos e pluses non llos toca ninguén.Con respecto as listas ,xa podian axilizar,pois se non son este mes,para o que ven xa no mo creo.Haberá que seguir loitando antes de ceder a primeira,senón estamos listos.Un saúdo e sigamos pedindo o que nos pertenece.
ResponderEliminar