lunes, 7 de marzo de 2011


TRABALLADORES EVENTUAIS

O actual Pacto de Contratacións estase dende hai moitos meses negociando e MODIFICANDOSE en algúns apartados.

O apartado máis importante, e que máis emprego creaba, era o DESCANSO OBRIGATORIO cando se levaba máis dun ano contratado.
Na reunión do 17 de febreiro acordouse ELIMINALO co voto favorable de todos os sindicatos menos CC.OO e outro Sindicato.

A desaparición do descanso vai a supoñer a merma de contratados nas vindeiras listas, xa que actualmente ese descanso permite o acceso de moitos traballadores que relevan os que cumplen o DESCANSO DE 3 MESES.

Ante este panorama, dende CC.OO acordamos INFORMAR ós afectados e CONVOCAR CONCENTRACIÓN O DÍA 15 DE MARZO que se celebra unha xuntanza de Pacto Contratacions.



MOBILIZATE E CONCENTRATE
AINDA ESTAMOS A TEMPO

ACUDE O DIA 15 AS 10,30 H O SERGAS.
SAN LÁZARO

ELECCIONS DE DESTINO

ELECCION DE DESTINO

Grupo Administrativo da Función Administrativa
Pinches
Tecnicos Especialistas en Hixiene Buco-Dental

DIA 9 AS 5 DA TARDE EN SAN LAZARO

Previsions.
Pendentes de publicar en DOG
eleccions de destino
TEL
TERAPEUTA OCUPACIONAL
MATRONA
Dia 10
Previsions pendentes de publicar en DOG

Acto de Elección de Destino para CELADORES

15 DE marzo

miércoles, 2 de marzo de 2011

AGRESIONS O PERSOAL SANITARIO

Federación de sanidade e sectores sociosanitarios. Sección sindical do CHUS ccoo.santiago@sergas.es




As agresións ó persoal do Sergas van en aumento e son noticia na prensa con demasiada frecuencia, polo que vemos necesario actualizar a información que todos temos que coñecer.
A violencia laboral pode ser fisica, psicolóxica e patrimonial, en calquera dos casos as pautas a seguir son as seguintes:
1.- Avisar o Servicio de Seguridade (si o houbere) e senon os Corpos de Seguridade do Estado se hai agresión fisica.
2.-Acudir ó Servizo de Urxencias para que emita o correspondente informe.
3.-Informar o Superior Xerárquico para que cubra o Anexo I e o remita a Xerencia Xeral, Servicio de Persoal e UPRL.
4.- Tramitar denuncia xudicial si procedese, xa que na actualidade os funcionarios, incluido o persoal interino e contratado están protexidos polo Codigo Penal ca nova figura de atentado.

EXERCE OS TEUS DEREITOS

PERMISOS TRABALLADORES EVENTUAIS

Federación de sanidade e sectores sociosanitarios. Sección sindical do CHUS ccoo.santiago@sergas.es


DEREITOS DOS EVENTUAIS “fora de cadro”


Todos os traballadores EVENTUAIS que soliciten permisos para examenes, formación etc.. teñen os mesmos dereitos que o Persoal fixo e interino.

En Sentencia do Xuzgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra, con data 5 de marzo de 2010, un Recurso de Alzada interposto por CC.OO, desestimase a denegación de permiso para un eventual , baseandose en que no se pode discriminar os traballadores cun contrato de duraciòn determinada.
O EBEP determina que os traballadores interinos e eventuais seralle de aplicación o rexime xeral dos Funcionarios de Carreira (apartado 5, artigo 10) por razóns de non discriminacion

miércoles, 29 de diciembre de 2010

CALENDARIO PROFESIONAL DA OPE E CONCURSO DE TRASLADOS









CALENDARIO PROVISIONAL DA OPE E CONCURSO DE TRASLADOS


CONCURSO-OPOSICIÓN

BAREMACIÓN DEFINITIVA:


Final de decembro/primeros xaneiro
Grupo técnico da F.A.
Grupo de xestión da F.A.


Primeira quincena de xaneiro:
Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

Segunda quincena de xaneiro
Grupo Auxiliar da F.A. / Persoal de servizos xerais
Nestas dúas categorías, e tal e como se comentou na Mesa Sectorial do pasado 23-12-2010 a listaxe definitiva publicarase unha vez tramitados e resoltos os expedientes en curso, previsiblemente na segunda quincena de xaneiro.
Persoal de enfermaría (ATS/DUE)


CONCURSO DE TRASLADOS


BAREMACIÓN DEFINITIVA:

Primeira quincena de xaneiro
Todas as categorías publicadas o 5 de novembro, máis electricista.

Segunda quincena de xaneiro:
Médicos de Familia, Odontólogos, Farmacéuticos e Pediatras de A.P.

Primeira quincena de febreiro
Técnico en coidados auxiliares de enfermaría e Persoal de enfermaría (ATS/DUE)


ACTOS DE ELECCIÓN E TOMAS DE POSESIÓN OPE/CONCURSO


Primeiros de xaneiro
FEA de Psiquiatría (OPES 2006/2008): elección de destino.


Segunda quincena de xaneiro:
Publicación de prazas ofertadas das primeiras categorías resoltas definitivamente en Traslados.
Previsible citación para actos de elección das primeiras categorías conxuntas resoltas definitivamente en fins de semana sucesivos, a partires do 29 de xaneiro, incorporándose despois, dende a segunda quincena de febreiro.


Primeira quincena de febreiro
Publicación de prazas ofertadas e citación para actos de elección de Médicos de Familia, Odontólogos, Farmacéuticos e Pediatras de A.P.
Posible incorporación desde marzo, polo tempo que precisa a actualización de tarxeta sanitaria en Atención Primaria.


Primeira quincena de febreiro
Publicación de prazas ofertadas e citación para actos de elección de Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.


Segunda quincena de febreiro
Publicación de prazas ofertadas e citación para actos de elección de Persoal de enfermaría (ATS/DUE).


Para mais información pasade polas nosas seccións sindicais

viernes, 3 de diciembre de 2010

OPE 2009. LISTAS DEFINITIVAS

federación de sanidade e sectores sociosanitarios
sanidade.sn@galicia
.




OPE 09

Publicada en DOG de hoxe,3 de Decembro Resolución de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se fan públicos os listados definitivos das seguintes categorías:
-Albanel
-Carpinteiro/a
-Cociñeiro/a
-Fisioterapeuta
-Lavandeiro/a
-pasador/a de ferro

Hai un plazo de 15 días hábiles,a partir de mañán, para entregar documentación.

jueves, 18 de noviembre de 2010

LISTAS DE CONTRATACION





Ante a tardanza da negociación do novo pacto de contratacións, CC.OO solicita que se abran as listas de vinculacións temporais no mes de Xaneiro do 2011, para a inclusión de novos méritos e aspirantes, así como que ditas listas comecen a funcionar no verán.
Estamos a recoller firmas de adhesión a dita proposta que serán rexistradas en tódalas Xerencias con data do 22/12/2010.

Pasade a firmar polas S. Sindicales de CC.OO



NON MAIS APLAZAMENTOS Á BOLSA DE TRABALLO DO SERGAS

martes, 16 de noviembre de 2010

MANIFESTACIÓN NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA.


O vindeiro 21 de Novembro ás 12 horas terá lugar a Manifestación en defensa da Sanidade Pública , convocada pola Plataforma de Defensa da Sanidade Pública na que CC.OO. é parte integrante. . O acto terá lugar en Santiago onde nos xuntaremos toda a población galega que queira defender o Sistema Pública de Sanidade, sistema que nos momentos actuais está en risco, o actual goberno do PP pretende implantar neste o noso país, o sistema de financiamento privado , o mesmo que fixo Esperanza Aguirre en madrid. Xa sabemos que este sistema o único que produce é un incremento de gastos, (aínda que eles manifesten o contrario) e unha menor calidade asistencial. O público está en risco, debemos saír todos e todas ás rúas a defender o noso, que en definitiva é a nosa saúde.


Acude con nos a manifestarte o vindeiro domingo ás 12 horas na Alameda de Santiago de onde partiremos hacia o Obradoiro.


lunes, 15 de noviembre de 2010

DUES LISTAS PROVISIONAIS OPE

OPE 2009

Publicada en DOG de 15 de Novembro de 2010 a Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Sergas pola que se fan públicas os listados provisionais da fase de Concurso da categoría do persoal de Enfermería(ATS/DUE).

A publicación farase nos tablóns de anuncios dos Servizos Centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina web www.sergas.es.

Ábrese o plazo de 10 días hábiles(a contar desde o seguinte ó da publicación en DOG) para presentar reclamación contra a puntuación otorgada nesta baremación.

viernes, 5 de noviembre de 2010

CONCURSO DE TRASLADOS

CONCURSO DE TRASLADOS

Publícase en DOG de 05 de Novembro de Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Sergas, pola que se aproba a resolución provisional do concurso de traslados das seguintes categorías:
-enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía.
-fisioterapeuta.
-técnico/a especialista en anatomía patolóxica.
-técnico/a especialista en hixiene bucodental.
-técnico/a especialista en laboratorio e diagnóstico clínico.
-técnico/a especialista en imaxe para o dignóstico clínico.
-técnico/a especialista en radioterapia.
-terapeuta ocupacional.
-calefactor/a.
-carpinteiro/a.
-celador/a.
-cociñeiro/a.
-costureiro/a.
-fontaneiro/a.
-grupo admininistrativo da función administrativa.
-grupo auxiliar da función administrativa.
-grupo de xestión da función administrativa.
-grupo técnico da función administrativa.
-lavandeiro/a.
-logopeda.
-mecánico/a.
-planchador/a.
-peluquero/a.
-persoal de servicios xerais.
-pinche.
-técnico/a de xestión de sistemas e T.I.
-técnico/a especialista de sistemas e T.I.
-técnico/a superior de sistemas e T.I.
-telefonista.
-traballador/a social.

Abre un plazo de 15 días hábiles, a partir do día 6 de Novembro, para formular reclamacións.


Os queda el enlace para acceder .www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=90900

jueves, 4 de noviembre de 2010

Listados de TCAE

Onte saíron os listados provisionales de baremación da OPE de TCAE. Antes das reclamacións a nota de corte para Libre é de 65,87 puntos e a de discapacitados é de 48,18 puntos. Recordade sempre sen ter en conta as reclamacións.
Tedes 15 días para reclamar.
¡Boa sorte a todos e todas ¡

jueves, 21 de octubre de 2010

PACTO DE CONTRATACIONS

O día 26 deste mes ás 17 horas faremos unha asemblea sobre o pacto de contratacións na Aula 2 da planta baixa do Hospital clínico.
Quedades todos e todas convidados.

martes, 19 de octubre de 2010

SANCION AS MATRONAS

Vos deixo aqui colgado o artigo aparecido este domingo na Voz de galicia onde queda ven reflexado o acontecido no xuizo de dúas das matronas sancionadas sin emprego e soldo.

Sanidade devolverá cinco meses de sueldo a dos matronas sancionadas
El juzgado les reduce el castigo por valorar que ejercían «adecuadamente su profesión sanitaria» en el hospital
Fecha
17/10/2010
Sanidade deberá devolver cinco meses de salario a dos de las matronas del complejo hospitalario de Santiago sancionadas con seis meses de empleo y sueldo por negarse a impartir docencia, según fallo del Juzgado Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago. En esta sala se vieron los primeros casos contra ocho profesionales a quienes se les han aplicado diferentes castigos, desde una amonestación en el expediente a suspensiones entre 1 y 6 meses de empleo y sueldo. Otras ocho afectadas aún tendrán que acudir a juicio el próximo día 26, en el Juzgado de lo Contencioso-Administrativo número 1 de la ciudad.
El magistrado Alfredo Fernández Vázquez estimó parcialmente la demanda de las dos sancionadas con seis meses de suspensión de empleo y sueldo que le correspondió juzgar, y les redujo la sanción a un mes. En los fundamentos jurídicos señala que el comportamiento de negarse a impartir docencia ocurrió «en un marco o clima de conflicto y reivindicativo, vinculado a cuestiones relacionadas con sus funciones docentes y retributivas, que con anterioridad no había sido objeto de otros expedientes disciplinarios o sanciones».
Valora asimismo que esas matronas ejercen «adecuadamente su profesión sanitaria».
El juez tuvo en cuenta igualmente que otras compañeras implicadas en la misma situación fueron suspendidas por un mes, una sanción que considera «más proporcionada a la infracción cometida».
De todas las matronas castigadas por negarse a impartir docencia estas dos son, de momento, las únicas que han visto reducidas sus sanciones.


lunes, 11 de octubre de 2010

fase concurso OPE

HOXE dia 11 de OUTUBRO sae publicado no DOG:

o listado provisional de baremación da fase de concurso das seguintes categorías:
Albanel
Carpinteiro
Lavandeira
Pasadora de ferro

. Modificación de puntuación da baremación definitiva da fase de concurso da categoría de facultativo/a especialista de área de microbioloxía e parasitoloxía e da categoría de facultativo/a especialista de área de psiquiatría.

viernes, 8 de octubre de 2010

calendario OPE y TRASLADOS

CALENDARIO OPE E CONCURSO DE TRASLADOS

CONCURSO-OPOSICIÓN

BAREMACIÓN PROVISIONAL:

27 setembro:
- Celador
- Grupo técnico da F.A.
- Grupo de xestión da F.A.
- Pinche
- Técnico especialista en imaxe para o diagnóstico clínico
- Telefonista
- Terapeuta ocupacional

4 de outubro:
- Calefactor
- Electricista
- Enxeñeiro técnico
- Fontaneiro
- Mecánico
- TEL
- Traballador social

11 de outubro:
- Albanel
- Carpinteiro
- Lavandeira
- Pasador de ferro

18 de outubro:
- Cociñeiro
- Grupo auxiliar da F.A.
- Persoal de servizos xerais
- Técnico xestión sistemas e T.I
- Técnico superior sistemas e T.I.
- Técnico especialista sistemas e T.I.

Segunda quincena de outubro:
- Persoal de enfermaría (ATS/DUE)
- Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.
- FEA de Psiquiatría (OPE 2006)


BAREMACIÓN DEFINITIVA:

Segunda quincena de outubro:
- Costureira
- Enfermeiro especialista en saúde mental
- Perruqueiro
- T.E. anatomía patolóxica e citoloxía
Primeira quincena de novembro:

- Resto de categorías, coa posible excepción das últimas publicadas provisionalmente o 18 de outubro.
- FEA de Psiquiatría (OPE 2006)

Segunda quincena de novembro:

- Categorías publicadas provisionalmente o 18 de outubro.
- Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

CONCURSO DE TRASLADOS

BAREMACIÓN PROVISIONAL:

Segunda quincena de outubro:

- Todas as categorías excepto Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P.

Primeira quincena de decembro:

- Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P.

BAREMACIÓN DEFINITIVA:

Segunda quincena de novembro:

- Todas as categorías excepto Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P.

Segunda quincena de decembro:

- Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P.


ACTOS DE ELECCIÓN E TOMAS DE POSESIÓN OPE/CONCURSO

Todas as categorías poderían elixir destino a finais do mes de novembro/ primeira quincena de decembro, incorporándose despois, desde a segunda quincena de decembro, ou ben en xaneiro.
Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P., poden elixir destino en decembro e poderíanse incorporar a finais do mes de xaneiro 2011.

miércoles, 28 de julio de 2010

OPE 2009

OPE 2009


Mañá dia 29 de xullo sairá publicado no DOG:

o listado provisional de baremación da fase de concurso de matronas, logopedas e Técnico Especialista en Radioterapia.

- o listado definitivo da fase de oposición e apertura de prazo de presentación de méritos para a fase de concurso de: PSX, Aux. Administrativo, grupo A e B da Función Administrativo e Cociñeiros.

CONCURSO DE TRASLADOS

CONCURSO DE TRASLADOS

Publícase en DOG de 28 de Xullo Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Sergas pola que se convoca Concurso de Traslados para a provisión de prazas de diversas categorías de persoal estatutario.

Cada concursante deberá cubrir unha única solicitude a través do FIDES axustándose ó modelo establecido e unha vez cuberta deberá imprimir copia en papel e presentala mediante Rexistro xunto coa documentación acreditativa.

DOCUMENTACIÓN:
-fotocopia de dni
-copia compulsada do nombramento en propiedade da categoría
-certificación orixinal expedida polo servizo de persoal do centro no que actualmente presta os seu servizos,conforme ó modelo establecido
-copia compulsada,no seu caso.dos diplomas acreditativos de ter superados os cursos de coñecemento da lingua galega
-documentación orixinal ou copias compulsadas dos méritos alegados.
-persoal en excedencia:copia compulsada da Resolución na que se lle concedeu a excedencia.
-persoal en reingreso provisional:copia compulsada da Resolución pola que se lle autorizou o Reingreso.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:ata o 15 de Setembro de 2010.

Mesa Sectorial de onte

CC.OO. INFORMA
Mesa Sectorial 27 de xullo de 2010.


Na mesa sectorial celebrada hoxe o único punto na orde do dia era o Plan de ordenación de recursos humanos do persoal estatutario do SERGAS.

As organizacións sindicais da Mesa Sectorial pedímoslle a administración, de xeito unánime, que aprazara a aprobación tanto do Plan de ordenación de recursos como do proxecto de Xestión integrada das áreas sanitaria, e que debateramos os dous documentos en profundidade, tanto a súa redacción como o seu desrenrolo.
A directora de recursos humanos considerou que non había por qué facer mais debate no que atinxe ó documento base e que xa falariamos do resto, polo que non aceptou, de momento , o aprazamento solicitado. Finalmente dixo que o ía transmitir á Consellería e nos daría unha resposta.

Adxuntamos o texto do escrito entregado hoxe na Mesa Sectorial.

Non asinaremos nada que non sexa debatido coa representación legal dos traballadores e consultado con os profesionais que traballamos, e duramente, no Servicio galego de saúde.

lunes, 26 de julio de 2010

Concurso de Traslados.

CONCURSO DE TRASLADOS

1.- PREVISIÓN DE PUBLICACIÓN NO DOG: 28 DE XULLO

2.- BAREMO DE MERITOS:

2.1.- Personal licenciado sanitario (210 ptos)
2.1.1.- Experiencia profesional (ata un máx de 170 ptos)
2.1.2.- Coñecemento da lingua galega (ata un máx de 10 ptos)
2.1.3.- Formación (ata un máx de 20 ptos)
2.1.4.- Outras actividades (ata un máx de 10 ptos)

2.2.- Para o resto de categorías (260 ptos).
2.2.1.- Experiencia profesional (ata un máx de 250 ptos)
2.2.2.- Coñecemento da lingua galega (ata un máx de 10 ptos)

3.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 15 de Septembro.

4.-INSTRUCIÓNS PARA A CORRECTA CUMPRIMENTACIÓN DE INSTANCIAS:
4.1.- -Para obter/cubrir o formulario de solicitude de participación no concurso de traslados, deberá facelo a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES).
4.1.1. -Se posúe un certificado dixital ou DNI electrónico:
a) Acceda á páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es
b) Na páxina inicial, no apartado Recursos Humanos, pulse o apartado "Oficina Virtual do Profesional (FIDES)"
c) No menú principal de FIDES, faga en "Concurso de traslados"
d) Neste punto aparecerá unha pantalla na que vostede terá que rexistrarse cos seus datos persoais para poder acceder ao asistente de xeración da solicitude.
e) Nas seguintes pantallas, o asistente serviralle de guía nos pasos necesarios para completar a solicitude.
f) Utilice a opción 'Imprimir' que aparece ao final do asistente (cuarto paso). Esta opción xera dúas copias do formulario, unha para entregar no rexistro e outra para o interesado.
4.1.2. - Se non posúe un certificado dixital nin DNI electrónico, a través da intranet do Servizo Galego de Saúde:
a) Acceda á "Oficina Virtual do Profesional (FIDES)" en http://fides
b) No menú principal de FIDES, faga en "Concurso de traslados"
c) Neste punto aparecerá unha pantalla na que vostede terá que rexistrarse cos seus datos persoais para poder acceder ao asistente de xeración da solicitude.
d) Nas seguintes pantallas, o asistente serviralle de guía nos pasos necesarios para completar a solicitude.
Utilice a opción 'Imprimir' que aparece ao final do asistente (cuarto paso). Esta opción xera dúas copias do formulario, unha para entregar no rexistro e outra para o interesado.
4.2. -Para aqueles concursantes provenientes do Sistema Nacional de Saúde, que non poidan acceder ao formulario de solicitude a través da Oficina Virtual do Profesional, habilitarase un enlace na páxina web do Sergas (www.sergas.es):
a) Acceda á páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es
b) Na páxina inicial, no apartado Recursos Humanos, pulse o apartado "Concurso de traslados"
c) No apartado 'Impresos para a participación no proceso', na liña "Solicitude de participación", faga en "Cubrir o formulario de participación electrónico"
d) Neste punto aparecerá unha pantalla na que vostede terá que rexistrarse cos seus datos persoais para poder acceder ao asistente de xeración da solicitude.
e) Nas seguintes pantallas, o asistente serviralle de guía nos pasos necesarios para completar a solicitude.
f) Utilice a opción 'Imprimir' que aparece ao final do asistente (cuarto paso). Esta opción xera dúas copias do formulario, unha para entregar no rexistro e outra para o interesado.
EN CALQUERA CASO, RECORDE QUE:
Unha vez impreso o formulario de solicitude de participación debe ser presentado no rexistro xunto coa documentación solicitada nas bases da convocatoria do concurso de traslados.

Carreira Profesional Extraordinaria

CC.OO. INFORMA
MESA SECTORIAL 20 DE XULLO
CARREIRA PROFESIONAL EXTRAORDINARIA


CONVOCATORIA DE GRADOS PENDENTES

Ante a reclamación de CC.OO. da convocatoria pendente para solicitar o recoñecemento dos grados de carreira profesional extraordinaria, suspendidos unilateralmente polo SERGAS , na mesa sectorial do dia 20 de xullo de 2010, a administración comunicanos o seguinte:

A asesoría xurídica do SERGAS emiteu un informe ditaminando que non se poden abrir os prazos só para o recoñecemento do grao da carreira,sen recoñecemento económico,xa alteraria o pactado nos acordos de carreira profesional extraordinaria. Alegan que o recoñecemento do grao só a efectos administrativos pode dar lugar a inseguridade xuridica(reclamación da retribución correspondente)
A suspensión dos acordos retributivos levada a cabo unilateralmente polo SERGAS implicaba tamén a suspensión da carreira profesional extraordinaria.
O SERGAS insiste en que a carreira extraordinaria é unha foto fixa, e que agora só queda negociar a carreira ordinaria. Non se vai a completar a carreira extraordinaria.

CC.OO. solicitou dito informe.
CC.OO. desvincula o dereito a carreira profesional dos traballadores/as do Sergas aos acordos retributivos.
CC.OO. denuncia a discriminación que promove a Administración entre os traballadores/as do Sergas.

No mes de xuño CC.OO. iniciou a reclamación das convocatorias pendentes, agora temos que agardar a resposta do SERGAS ou o prazo de 3 meses de silencio administrativo para seguir adiante coas reclamacións, prazo que se cumpre o 2 de setembro, así que os manteremos informados dos seguintes pasos a dar a partir de dita data.

Pasade polas seccións sindicais de CC.OO. para mais información