miércoles, 2 de diciembre de 2009

Concentracións diante da Dirección Provincial





Hoxe estivemos en Coruña manifestados diante da Dirección Provincial, xa é a terceira vez que acudimos, e levamos unha boa molladura, pero todo vale a pena si acadamos o que vos merecedes. Pois ben ,hoxe había xuntanza alí da comisión de seguimento de contratacións, e sin cortarnos nin un pelo, tomamos o asalto a Dirección Provincial,¡¡¡ mala sorte que xa había rematado a xuntanza cando acadamos o noso obxetivo¡¡¡.
Pero aínda así informovos do que nos enteramos: As baremaciós están terminadas, só falla incluir o da vida laboral, así que a Directora Provincial comprometeu a súa palabra a que en catro días estarían publicadas, ¿tendrá validez a súa palabra?? veremolo.
Tamén enteramonos que a administrativa que fai os chamamentos para o CHUAC de axuliares de enfermería leva 6 meses de baixa e ´non a cubriron , polo cal asumíu esos chamamentos o hospital, e eso onde ven recollido?? e porque este persoal non se sustitúe?? Aproveitando que nosos compañeiros estaban hoxe na mesa do SERGAS xa denunciamos os feitos diante da Directora Xeral e da Subdirectora. veremos tamén si fan algo.
Pero coma sempre decirvos de que calqueira irregularidade que seibades a poñades no noso coñecemento , pois senón pouco podemos facer.

Acudiremos á Mesa Sectorial do día 4 de Decembro reclamando un Novo Pacto de Contratacións xusto , que contemple os méritos acadado tanto a nivel de formación como de experiencia profesional cuns BAREMOS XUSTOS.

Agradecemos a participación que tivemos e seguiremos na batalla ata acadar o reclamado.

Continuaremos mobilizándonos ata conseguilo.

2 comentarios:

  1. O da palabra ou firma ,non é sagrada vindo de onde ven,xa son moitas sen cumplir,aínda así esperamos que nun plazo máximo de catro días esten publicadas con menos erros posibles,e os que haxan se subsanen o máis axiña ,e por suposto que funcionen XA.
    Con respecto ,a O PACTO DE CONTRATACIÓNS,estou a favor,dunha lista unica,mais transparente e que podamos ver se cumplen o orden de puntuación ou non,pois se malamente controlamos unha,quen vai controlar as tres.Tamén se debe contar o tempo traballado e cursos,pois para iso se invertiu tempo e cartos,para que agora non vaia para nada.Un saudiño e que os BAREMOS SEXAN O MAIS XUSTOS POSIBLES.

    ResponderEliminar
  2. Xa estamos o día 9,pasaron sete días dende a promesa da Directora Provincial ,e polo que se ve non hai nada publicado,polo que xa se ve que palabra non teñen e poño en dúbida se terá validez o que firman,fiabilidade cero,e moi pouco serio este goberno,xa se ve que coa mentira chegaron a gobernar e co mesmo gobernan,quedanos ter memoria para decir a última palabra nas próximas urnas.

    ResponderEliminar