jueves, 17 de diciembre de 2009

Cómputo de LDS en noites.

Hoxe tivemos xuntanza da Comisión de centro coa xerencia. Sabedes que o tema do cómputo cando o persoal pedía lds en noites xa foi tratado na xuntanza de outubro, pois atopamonos con que a xerencia agora desdícese do dito. Analizado por eles o punto en profundidade, deciden que estaba ben aplicado o aplicativo informático e unha noite merma 14 horas ( claro tirando pa casa). Esta decisión non foi compartida por ningunha organización sindical , máis o contrario criticada por todos . Pero non caen ou non queren caer da burra¡¡
De todos xeitos como xa figuraba en acta , e estaba asinado, quedaron en que este ano respetarían computar 10 horas, información que daran traslado as supervisoras/es. Estaremos o loro¡¡
Así que xa vedes como as gastan, empezan a mostrar os dentes¡¡¡
Nos queda unha longa batalla por este tema, tanto en este como noutros temas , non consentiremos que interpreten as normas a súa conveniencia, que é o que estan a facer, así que idevos preparando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario