jueves, 24 de diciembre de 2009

mesa sectorial 23/12/09 movilidade interna

Onte día 23 de decembro houbo Mesa Sectorial de Negociación para abordar dous temas : Borrador de Mobilidade Interna elaborado entre o SERGAS e os sindicatos CIG , UGT e SATSE ( asinantes do Acordo Marco ) e Traslados FEAS

1. MESA SECTORIAL MOBILIDADE INTERNA 23 DE DECEMBRO

TEATRO, ESCENIFICACIÓN, PARIPÉ estos son os calificativos que se merece a mesa sectorial de hoxe.

A Administración volta a presentarse moi apresurada por acadar a sinatura dun documento de mobilidade interna, e dí que únicamente CC.OO. presenta alegacións por escrito e polo tanto serán as que se discutan. Nese momento o CSIF clarexa que non presentou alegacións xa que pediron execución da sentenza que gañaron e que recoñece que a mesa sectorial é quen ostenta a lexitimidade para negociar e non Comisións Técnicas dos asinantes de acordos. Lémbrovos que CC.OO. está agardando o resultado da mesma denuncia feita nos xulgados.

A pesares disto, CC.OO. expón as súas alegacións e reitera as feitas na anterior mesa, son recollidas algunhas e outras non, as enumeramos máis abaixo, e sen mediar máis discusión o Subdirector de Relacións Laborais pide a sinatura do documento con toda urxencia para envialo xa as Xerencias ( logo de ter eles máis dun ano de tempo para elaboralo e dar o borrador a CC.OO. fai 10 días...)

Os asinantes do Acordo Marco e polo tanto integrantes da Comisión Técnica, CIG,UGT,SATSE co apoio do SAE DIN QUE SÍ O DOCUMENTO , só CSIF E CC.OO. votamos en contra dun documento que é incompleto, que non recolle todas as situacións, que non regula a todas as categorías e a todo o persoal, que non se fixo ao abeiro da Mesa Sectorial, se non en un grupo de traballo que non representa a todos os traballadores e traballadoras, e que deixa a interpretación e regulación ás comisións de centro gran parte das bases, ou sexa, o que xa había.

E por si fora pouco escandaloso e vergoñento, o rematar, o subdirector, Javier Pena, comenta que en algúns hospitais se deixaba participar os funcionarios e laborais dun “xeito pacífico” na mobilidade interna e propón asinar un acta onde se recolla que o poderán seguir facendo. CC.OO. presentara xa como alegación que o ámbito de aplicación recollera a todo o persoal independentemente do seu vínculo xurídico
( É DICIR , ESTATUTARIOS , LABORAIS E FUNCIONARIOS ), e máis, alegamos que o título do documento fora “Mobilidade interna do persoal fixo do servizo galego de saúde” e foi rexeitado pola administración e os sindicatos asinantes do Acordo Marco e a Comisión Técnica.
Isto supón que a Mobilidade Interna somentes se aplicará a os Hospitais
( ESPECIALIZADA ) , deixando fora a toda a Atención Primaria.

A guinda final a pon a CIG cando dí que eles tamén querían que fose para funcionarios e laborais pero en aras do consenso renunciaron a elo ¿CONSENSO? CON QUEN, consenso coa administración UGT e SATSE , porque o que quedou claro e que coa Mesa Sectorial NON.

A falla de respeto da Administración con respecto á negociación colectiva e o diálogo xa atopou aliados, CC.OO. procederemos a denunciar todos os acordos que non se negocien en Mesa Sectorial e se siga obviando o noso dereito a facelo como representantes dos traballadores elixidos nas urnas, os expoñemos as NOSAS ALEGACIÓNS e como quedaron despois da función teatral de hoxe:

Título do documento: alegamos que sexa “Persoal Fixo do servizo galego de saúde” así incluirá todas as categorías ( licenciados sanitarios e non sanitarios, diplomados , persoal de F.P. e de xestión e servicios ) todos os vínculos xurídicos (estatutarios, funcionarios e laborais )e todos os ámbitos de traballo, especializada e primaria. A Mesa di que REXEITADO
Comisión de Traslados Internos: alegamos que se fixera unha comisión de traslados internos separada da comisión de baremación e que fose PARITARIA , e que calquera dúbida fora resolta no seo da Xunta de Persoal. REXEITADO excepto que sexa paritaria e a ADMINISTRACIÖN serán os que decidan as dúbidas e interpretarán as bases.... ( nunca sucedeu este precedente )
Convocatoria: alegamos que fose cando menos unha convocatoria por ano e as PLAZAS especificadas con QUENDA REXEITADO.(queda cada 2 anos )
Baremo: alegamos que se clarexe a proporcionalidade do baremo con puntuación concreta ( entre experiencia profesional e formación – galego ) REXEITADO.
Perfiles de postos: alegamos que se concrete en que situacións e con qué criterios se sacarán postos con perfil e que sexan negociadas e acordadas. Cos sindicatos REXEITADO, xa o decidirán en cada Centro Directivo
Reclamacións: alegamos que se deixe un prazo de 5 días para subsanar erros administrativos antes da publicación dos listaxes provisionais ( pretendían desestimar as solicitudes sen máis ) ACEPTADO
Incorporación ó novo posto: alegamos que sexa en 3 meses non en 6. REXEITADO ampáranse en que en caso de postos de saúde laboral é o tempo necesario para readaptar un posto.
Persoal Reclasificado: alegamos que se contemple específicamente a situación do persoal que foi reclasificado forzosamente por reorganización ou externalización dun servizo, de xeito que se lle contemple todo o tempo traballado na categoría na que foi reclasificado. ACEPTADO, non sen discusión non só coa administración
Tempo traballado en outra categoría:alegamos que se inclúa a puntuación de tempo traballado noutra categoría como fixo ou temporal. REXEITADO , só se contará se foi en promoción interna temporal (SEA)
Puntuación por permanencia na institución: alegamos que debería aparecer unha puntuación adicional por permanencia nun mesmo servizo. REXEITADO.
Puntuación de galego: alegamos que tiña que ser dentro da formación e en baixa proporción con respecto o resto do baremo, xa que o galego se esixía na OPE. REXEITADO, iniciación equivaldrá a 3 meses de traballo e perfeccionamento a 6 meses de traballo.
Criterios de saída das unidades por mobilidade interna: alegamos que o documento debería ir acompañado dos criterios que rexirán a saída das unidades do persoal que resulte movido polo proceso de mobilidade interna. REXEITADO, cada centro aplicará o que acorde no momento, e dicir, aleatoriamente e sen descusión....( sen precedente ata agora ...)
Pérdida da reserva de praza: alegamos que nas situacións do persoal que esté fora do seu posto por motivos de saúde laboral, non perda o seu posto ata que así o decida a UPRL. ACEPTADO , aínda que non entenderon ben o que diciamos.

E ASÍ REMATOU A MESA SECTORIAL COMO UNHA FUNCIÓN TEATRAL CUNS ACTORES ( SERGAS E SINDICATOS ASINANTES DO ACORDO MARCO ) AVALANDO UN DOCUMENTO INCOMPRENSIBLE E XESTADO DURANTE UN ANO

DENDE CC.OO. CREMOS QUE DEBEN SER OS PROFESIONAIS OS QUE TEÑAN A ÚLTIMA PALABRA

No hay comentarios:

Publicar un comentario