En dita Acta non se recollen as diferentes propostas feitas en varias reunións pola parte sindical.
CC.OO., manifesta CLARA E ROTUNDAMENTE NON ASINAR dita Acta.
CC.OO., que non é asinante do ACORDO MARCO, no seu día amosou o seu desacordo por:firmalo a 5 anos(ata 2012), ser discriminatorio para a maioría dos traballadores no retributivo e por deixar en mans de" comisións técnicas" aspectos sociais importantes, algúns xa recollidos e mellor redactados en anteriores Acordos:Carreira Profesional excluindo a funcionarios e laborais, negociación de cobro por TIS para o persoal sanitario e non sanitario e outros como xornada laboral, acción social, licencias e permisos ou movilidade.
En CARREIRA PROFESIONAL síguese igual, excluindo a FUNCIONARIOS, LABORAIS e INTERINOS; moitos traballadores/as que no 2010 terían dereito a un novo grado non o percibirán:os enlaces extraordinaria-Ordinaria, Ope 2006, última OPE...
A SANIDADE PÚBLICA,nesta CCAA,é amenazada pola Lei de Orzamentos para o ano 2010, xa que recorta a inversión en plantillas(estámolo padecendo),amortizacións de plazas en atención especializada e conxelación do Plan Mellora en Primaria.Ademais pretende que os novos centros de saúde e hospitais sexan financiados e xestionados de forma privada, incrementando o gasto e adelgazando as plantillas.
Por iso, dende CC.OO. coidamos que hoxe mais que nunca temos que defender a SANIDADE PÚBLICA e o EMPREGO.
CCOO recollendo o sentir maioritario das Asembleas celebradas en Galicia, rexeita o APLAZAMENTO DOS ACORDOS ASINADOS e PUBLICADOS,incluso do Acordo Marco,e recollendo a petición dos traballadores/as fai un chamamento a UNIDADE DE TODOS, TRABALLADORES e SINDICATOS e a MOVILIZARNOS UNITARIAMENTE.
O pasado día 26 a PLATAFORMA:CCOO,CESM,CIG,CSIF,SAE e UGT acordou convocar CONCENTRACIÓN no PARLAMENTO GALEGO o día 9, CONCENTRACIÓNS nos centros o día 15 e REUNIRNOS o 16 para PLANIFICAR NOVAS MOBILIZACIÓNS.
A C.I.G. ó finalizar a reunión do día 2 comunica a intención de convocar folga o día 16 e invita ó resto dos sindicatos a sumarse a ela.
CC.OO., entende inapropiado tanto o método utilizado como a propia convocatoria para o día 16; insistimos,necesitamos UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS UNITARIO con accións nos centros, nas rúas e nos medios de comunicación donde a Folga ou Paros sexan unha parte do Calendario.
CONTRA OS INCUMPRIMENTOS DOS ACORDOS!!!
POLA DEFENSA DO PÚBLICO!!!
UNIDADE DE SINDICATOS E TRABALLADORES!!!!
MOVILIZATE COA PLATAFORMA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario