jueves, 10 de diciembre de 2009

Concentración diante do Parlamento

Enhoraboa a todos e todas, onte eramos un milleiro os traballadores e traballadoras de todo o SERGAS que xuntamonos diante do Parlamento para reivindicar o cumprimento dos acordos. A día de hoxe non saíu nada nos medios de comunicación,n para que logo falen de que non existe censura nos medios de comunicación. Berramos as nosas consignas e ca nosa presencia quedou patente cos traballadores/as queren a unidade sindical e non están dacordo cas actuacións deste goberno . A concentración encadrase no calendario de movilizacións acordadas pola plataforma sindical que continuará o día 15 con concentracións nos centros de traballo. O día 16 xuntarase de novo a plataforma para decidir as novas movilizacións tal e como o decidiron a maioría dos traballadores nas asembleas feitas.
CC.OO. é consecuente coas súas decisións, e fiel o decidido pola plataforma xa que formamos parte dela e así o desexan os traballadores/as, estos desexan unidade sindical e o 16 este sindicato levará á plataforma máis propostas para seguir loitando polos dereitos dos traballadores. De todo xeito sona un tanto raro que o mesmo día da concentración da plataforma, dous dos sindicatos integrantes dela haxan convocado pola súa banda folga para o día 16. Cal será a súa intención??? xa o veremos. €ste sindicato nunca descartou ir a folga, pero non fora da plataforma e sen ser apoiados pola maioría dos traballadores.
Pero queremos darvos as gracias polo voso apoio nos diferentes actos que levamos feitos, e desexamos que o goberno dea marcha atrás nas súas intencións e cumpra os acordos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario