viernes, 4 de diciembre de 2009

Todos o Parlamento

APLAZAMENTO DO ACORDOS ASINADOS

No mes de Outubro a Xunta de Galicia decidiu,primeiro suspender e logo aplazar os Acordos asinados e publicados no DOG ós traballadores do SERGAS para que lle cadraran os Presupostos do ano 2010.
Por esto,as organización sindicais CCOO,CIG,CSIF,SAE,UGT e CESM se unen nunha Plataforma Unitaria,para defender o cumplimento íntegro dos Acordos.

Logo de varias reunións co Sergas,non se chega a acordo,polo que a PLATAFORMA UNITARIA reúnese o día 26 de Novembro e acorda as seguintes medidas:

-o día 9 de Decembro CONCENTRACIÓN diante do Parlamento de Galicia ás 17,30h(ahí se debaten os Presupostos do 2010)

-o día 15 de Decembro CONCENTRACIÓNS nos Centros de traballo.

-o día 16 de Decembro xúntase de novo a PLATAFORMA UNITARIA para decidir outras medidas.

Así como nos manifestaches o voso apoio nas Asambleas informativas,tamén o necesitamos na vindeira concentración do día 9 diante do Parlamento de Galicia.

¡¡ACUDIDE O PARLAMENTO DIA 9 ÁS 17,30H!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario