viernes, 30 de octubre de 2009

Peche no Clínico

O martes día 3 de Novembro, pecharemonos no Hospital Clínico os delegados sindicais , así como aqueles traballadores que queiran unirse a nos. O encerro faremolo na entrada principal do Hospital, para así facernos máis visibles. O mesmo tempo e para tervos informados , celebraremos unhas asembleas informativas nos distintos centros, as horas serán:
Hospital Clínico.- ás 12 é ás 18 horas
Hospital Xil-Casares.-ás 12 horas
Hospital Psiquiátrico e Hospital de Conxo.- ás 14 horas.
Alí vos informaremos de calqueira novidade que poidera surxir o longo do día no respecto as negociacións.
A Conselleira non ten en conta as nosos opinións como traballadores e a pesares da importante manifestación do 28, segue a manter a súa posición de suspensión dos acordos. Pois ben, nos tamén seguiremos a manter a nosa postura ''que cumpran os acordos'' ...e así ata que academos os nosos obxetivos. Avisamola que cada vez serán as nosas mobilizacións máis duras.

1 comentario:

  1. Estou dacordo, vaia tomadura de pelo,non sei a onde imos chegar con este personaxe,dende logo dame a sensación que estamos a retroceder no tempo,na dos dictadores.Esta muller ,malo seu partido non teñen en conta a opinión dos traballadores, nin o tempo dedicado para chegar a ese acordo,si quere ser soidaria que aporte reducindo o seu soldo,que non ten nada que ver co noso,non se fala de subida ,si non equipararse co que leva outra xente na mesma categoria ,cobrando fora desta comunidade.Non podemos deixalos sair coa súa,senon a saber que outra nos teran preparada.

    ResponderEliminar