lunes, 19 de octubre de 2009

ORZAMENTOS 2010 OU A GRANDE MENTIRA DO PP

Promesas, promesas…. O partido Popular xa se quitou o antiface de solidariedade e protector do benestar social presentando uns orzamentos rebaixados en ensino e sanidade, rebaixa que afecta directamente ás retribucións e condicións laborais do persoal do Servizo Galego de Saúde.

Na anterior lexislatura fumos quen de negociar varios Acordos que melloran a calidade asistencial e de condicións de traballo do persoal, pero estes acordos estaban diferidos no tempo con prazos para a súa implantación:
• Plan Mellora de Atención Primaria: aumenta a capacidade resolutiva dende os centros de saúde, aumenta a dotación de recursos tecnolóxicos e humanos, e equilibra as retribucións coas novas funcións que se lles asigna. Hoxe en día está en suspenso o aumento de plantillas xa orzamentadas para 2009, e tamén o pago por TIS para todo o persoal, así como a xornada laboral.
• Acordo de Pacs e Unidades de At. Primaria:equipara retributivamente ós profesionais que prestan asistencia en festivos e noites ós traballadores de At Especializada,supresión de mañás de sábados,...
• Carreira Profesional: en proceso ó acceso extraordinario e iniciada a negociación do acceso ordinario, rexeitada a proposta polas organizacións sindicais e sen intención da administración de levar a cabo unha negociación seria e a posta en marcha da carreira. Actualmente está en suspenso a carreira extraordinaria das fundacións integradas e a do persoal do Hospital Básico da Defensa de Ferrol, tamén integrados,e os graos que faltan da carreira extraordinaria de xestión e servizos.
• Creación de novas categorías: logo de seren incluidas nas listas de vinculación temporal as novas categorías de técnicos especialistas, os decretos de creación de categorías están sen tramitar e coa proposta de orzamentos non se poderán facer.
• Plan de estabilidade de FEAS: comezáramos a implantar un plan de estabilidade para médicos especialistas que evitaba os abusos da administración en canto as contratacións e equiparaba ó acceso ó traballo sen deixar a decisión das contratacións a caprichos das xerencias, todo isto para evitar a fuga dos facultativos e atraer profesionais á Comunidade, hoxe xa non é que esté en suspenso o Plan , e que hai un retroceso voltando a usar a contratación basura para o colectivo.• Cobertura de plantillas: coa proposta de orzamentos peligra a cobertura das ausencias da plantilla, que aínda que escriben que a parte asistencial se cubrirá en palabras do director xeral de orzamentos se medirá se a cobertura é ou non necesaria cando haxa outro profesional que poda asumir os dous postos de traballo.

• Acordo Marco: o Acordo non asinado por CC.OO. entre outras razóns porque xa considerábamos excesivo o prazo de aplicación 2008-2012, actualmente non ten datas de cumprimento, a Xerenta do Sergas pide máis tempo para facelo efectivo sen sinalar datas nin de principio de aplicación nin de remate.

A opinión de CC.OO. ante esta proposta de orzamentos non é de asombro se non de escándalo e alerta, porque supón a materialización do deterioro dos servizos públicos e un impulso nos intentos de privatización dos mesmos.

CC.OO. non consentirá os ataques contra os servizos públicos e contra os seus traballadores, nin que se poña en dúbida a súa profesionalidade e os seus dereitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario