martes, 9 de marzo de 2010

pago da carreira extraordinaria.- escandaloso

PAGO CARREIRA = ESCANDALOSO

CC.OO. remitiulle unha pregunta ó SERGAS sobre o pago dos graos de carreira, que en xaneiro aboáronse actualizados e en febreiro, non só se rebaixan se non que descontan o aboado o anterior mes, o SERGAS responde:
-" No mes de xaneiro, por un erro informático en determinados centros...
...prodúcese o incremento da contía do complemento de carreira para o ano 2010,
cando esta contía é a mesma que no ano 2009 (suspensión de acordos). "
¡ a excepción do grupo A1 o que sí se lle actualizaron os graos, o resto quedamos conxelados!
A maior abundancia o SERGAS entende que os graos de carreira profesional non lles corresponde a subida do 0,3% coma ao salario base e os complementos.
A administración continua atacando ós traballadores e traballadoras do servizo galego de saúde, exceptuando a algúns, e pretende que lle asinemos un papel de suspensión de acordos para comezar a negociar.

CACICADAS QUE NON IMOS CONSENTIR

No hay comentarios:

Publicar un comentario