viernes, 12 de marzo de 2010

Listas de contratación definitivas

No DOG de hoxe 12 de Marzo de 2010 publícase a Resolución pola que se fan públicas as Listaxes Definitivas de diversas categorías:

-Persoal médico de Familia
-Persoal médico de Urxencias Hospitalarias
-Pediatras
-Odontólogo/a
-Persoal de Enfermería(D.U.E.)
-Matrona
-Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería
-Cociñeiro/a

O persoal DUE que figure admitido na listaxe dun área especial e máis nas listaxes de curta duración de urxencias de atención primaria e/ou curta duración de atención especializada,deberán optar por unha delas no plazo de 10 días a partires do 13 de marzo,de non escoller por unha delas causarán baixa nas listaxes de curta duración mantendo ó aspirante no listado da área especial.
De igual forma deberán escoller unha listaxe de curta duración(de atención primaria ou de at. especializada) os aspirantes que figuren en ámbalas 2 listaxes,de non ser así,causarán baixa na listaxe de curta duración de urxencias de atención primaria.

O persoal TCAE que figuren nas listaxes de Saúde Mental ó mesmo tempo que nas de curta duración de at. especializada deberán optar por unha delas,de non ser así,causarán baixa na listaxe de curta duración manténdose na área especial de saúde mental.

As listaxes publicaranse nos tablóns de anuncios das direccións provinciais e das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde,así como na páxina web www.sergas.es.

No hay comentarios:

Publicar un comentario