martes, 23 de marzo de 2010

loita a favor da sanidade publica.- 25 de marzo

25 DE MARZO: DÍA DE LOITA POLA SANIDADE PÚBLICA

Dende hai moitos anos tanto CC.OO. como outras forzas sociais alertábamos da falla de infrestructura sanitaria na zona de Vigo para igualar a atención dos doentes desta area cos da zona norte de Galiza onde a Administración Sanitaria era xenerosa cos investimentos.

Falábase xa naquel intre na necesidade dunha CIUDADE SANITARIA que aunase os seus recursos (dispersos en distintos centros sanitarios co seu propio NIF e que competían entre eles ) e dera á poboación a carteira de servizos sanitarios necesarios , ( queimados , unidade de anorexia e bulimia cirurxía maxilo-facial...), que mentres en Coruña eran públicos , na cidade de Vigo , ademais de dispersos , parte da poboación está asignada ó Centro Privado POVISA.

Por fín , en xuño do 2006 , establécese un acordo asinado entre as forzas sindicais
( (UGT-CIG e CC.OO. ) Xerencia de Povisa , Sergas , Universidade e o empresariado de Vigo , no que se establece a necesidade da CONSTRUCCIÓN DUN NOVO HOSPITAL para a area sanitaria de Vigo.
Naquel intre , dende a Xerencia do CHUVI impúlsase reunións de traballo entre profesionais e distintos colectivos para elaborar o chamado PLAN ESTRATÉXICO do novo hospital.

Unha vez concluídas as comisións de traballo se elevan ó goberno bipartito o que , comparte o proxecto elaborado por todos os profesionais , as necesidades asistenciais analizadas e o número de camas necesario tendo en conta o crecemento poblacional e o índice epidemiolóxico por patoloxías.

Pero a alegría , o entusiasmo e esforzos realizados convírtense de repente coa chegada do PP e os novos acontecementos sobre o novo Hospital en frustración , desengano e de novo á loita por unha Política Social xusta e non discriminatoria.

Dende CC.OO., coidamos que a sanidade pública en Vigo e Galiza, está seriamente ameazada pola política privatizadora de Feijoó e Farjas. O presidente da Xunta e a Conselleira de Sanidade, decidiron escomenzar unha vez mais por Vigo para probar experimentos , e decidiron tirar pola borda UN PROXECTO CONSENSUADO polas forzas sociais que consistía en ter UN HOSPITAL CON XESTIÓN PÚBLICA PARA TODA AREA SANITARIA, DEDICAR O HOSPITAL DO MEIXOEIRO A SER REFERENCIA DO CANCRO EN TODO O SUR DE GALICIA E A SANIDADE PRIVADA SER COMPLEMENTARIA DA PÚBLICA E NON TER POBLACIÓN DE REFERENCIA.

O Presidente da Xunta de Galiza e a Conselleira de Sanidade , teñen outro proxecto que basicamente consiste:

1.- Ademais de pechar o Hospital Xeral , o H. Rebullón e P. Cíes, REDUCIR as camas do Meixoeiro e Nicolás Peña. Igoalmente reducir as camas e inversión do NOVO HOSPITAL DE VIGO. Curiosamente as camas recortadas coincide coas camas de POVISA.

2.- O novo hospital será construido , xestionado e controlado por mans privadas. Non soio privatizarán sectores non sanitarios, senon que reducirán as plantillas de sanitarios : médicos, enfermeiras, técnicos...co grave deterioro da calidade asistencial E isto o decimos, avalados polas experiencias británicas , valenciana , madrileña...

3.- O Hospital será mais caro : dicen as voces interesadas que pagar os 250 millóns de euros que costaría construirlo e coa "hipoteca" a 20 anos iríase a más de 1.000 millóns de euros .
Claro eso nos dicen , as experiencias nos din que quedanse curtos.

E claro, isto temos que PAGALO, TODOS E EN MOITOS ANOS, E TEMOS QUE PAGALO CUN CUSTE ESTIMADO POR ELES DE 50 Millóns de € /ANO.
¿COMO O PAGARÍAMOS?, RECORTANDO AS INVERSIÓNS, RECORTANDO AS PLANTILLAS , A CALIDADE E EMPEORANDO GRAVEMENTE A SANIDADE.

Ademáis do exposto , esta privatización no financiamento abre toda posibilidade xa prevista , de introducir o copagamento , é decir , non só pagar os impostos senón tamén por cada acto médico ( acudir a unha consulta , a urgencias , ….)
A privatización supón a bancarrota do sistema sanitario e o establecemento de mayores desigualdades sociais , que por beneficiar os de sempre, os seus amigos, traigan a Vigo o que noutros lados xa rexeitan.
Os británicos, inventores deste sistema, o rexeitan agora cun 83% dos cidadáns en contra , a Sanidade madrileña e a valenciana xa miramos como está…

Por todo esto , CC.OO. ó igual que otras organizacións xa advertíamos desta posibilidade que plantexa a dereita mais arrolladora , emporiso a derradeira manifestación do 29 de otono do 2009 , a vindeira do 25 de marzo e tódalas movilización dos profesionais e traballadores sanitarios desta area de Vigo incluídas folgas

Para rematar , decir que HOXE mais que NUNCA temos que defender a Sanidade Pública , a nosa saúde e os dereitos constitucionais que amparan todo o que estamos a informar.

ACUDE Á MANIFESTACIÓN DO XOVES 25 DE MARZO ÁS 20,00 h ( CC.OO. CONVOCA ÁS 7,30 h NOS CAPUCHINOS NA RÚA VAZQUEZ VARELA A 50 METROS
DE VÍA NORTE )

No hay comentarios:

Publicar un comentario