viernes, 16 de abril de 2010

informacion da mesa sectorial do 14 de abril

RESUME MESA SECTORIAL DE ONTE DIA 14 DE ABRIL

Na orde do día da Mesa Sectorial o punto estrela foi a presentación do PLAN DE ORDENACIÓN DE RECURSOS HUMANOS do SERGAS, plan que colgamos no blog e asi podades facer alegacións antes do 25 de abril.

Dende CC.OO. resaltar varias cuestións que xa comentamos na Mesa como CC.OO. e en espera das alegacións que aportedes :

CC.OO. opina que a posta en marcha deste Plan vai a retrasar o funcionamento do día a día e seguir a retrasar todos os temas pendentes.
O Plan ten una vixencia 2010-2013, CC.OO. reclamamos que no seu desenvolvemento se priorice a Carreira Profesional e a Saúde Laboral.
O rexistro de persoal que propoñen limitase a unha cuantificación de recursos, non é una relación de postos de traballo, onde se enumere as características do posto e se ligue a saúde laboral. Fálase de facer isto para detectar necesidades pero non fala de dimensionamiento de plantillas.
Na parte de OPE e Traslados opinamos que está ben que se marquen periodicidades, nembargantes no apartado de traslados introducense novidades que debemos debatir profundamente entre todos
En cuanto a movilidade , la administración ten presa por regulala coa intención de poder mover a FEAS hacia os hospitales comarcais, tal e como lo expresa el documento, esta movilidade afecta a todas as categorías (os estatutos tamén o contemplan así como la Lei de Saúde)
Ademais a voluntariedade queda diluida na redacción.
Atentos ao apartado de xubilación , a regulación da prolongación da idade de xubilación coa coletilla de que o Xefe de Servicio que quixera prolongar no se quedaría coa Xefatura. Da xubilación parcial 3 liñas aludindo á Lei e , como podedes ler , ésta non contempla ol contrato de relevo para o Personal Estatutario....
Formación : fálase de Plans de acollida , formación continuada para o posto ( ¿que nos queren vender despois de visto o que se fai a cotío , sen ter en conta a opinión dos expertos nin a nosa como Organización ?) formación para Especialidades Sanitarias , neste último caso tanto a Federación de Sanidade xunto con Ensino , estamos a facer unha reclamación á figura do “colaborador docente” creada ao amparo dun Convenio da Consellería coa Universidad e coa que ningún está de acordo.
No apartado de absentismo , o único bo na nosa opinión , é o protocolo de atención aos traballadores no senso de acelerar probas ou consultas, algo que reclamamos varias veces desde CC.OO.
Da creación de Categorías de Saúde Laboral ( Técnicos Superiores en Prevención de Riscos e da súa oposición ( pola precariedade e inseguridade) só dicen que se farán , algo reclamado reiteradamente por CC.OO. así como o bo dimensionamento destas plantillas , pola repercusión obvia na saúde do resto de traballadores... Unha vez más so promesas ...
Na conciliación atentos á proposta : invertir do apartado de acción social na creación de Garderías e Centros de día nos hospitais....

No hay comentarios:

Publicar un comentario