jueves, 8 de abril de 2010

AXUDAS INDIVIDUAIS DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA

AXUDAS INDIVIDUAIS DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA
PERSOAL E ACCESIBILIDADE (Orde do 18 de marzo de 2010,
DOG nº 64)
http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/2
12f03d486d96597c12576fd0050f2c5/$FILE/06400D009P054.PDF
OBXECTO DAS AXUDAS
Axudas individuais en réxime de concorrencia competitiva, de carácter non
periódico, para persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en
situación de dependencia, empadroadas en Galicia.
A finalidade das axudas é colaborar en determinados gastos, realizados no ano
2010, destinados a:
1. Apoiar á persoa con axudas técnicas ou productos de apoio.
2. Facilitar as adaptacións funcionais do fogar e a eliminación das barreiras
arquitectónicas e de comunicación da vivenda, así como mellorar a súa
accesibilidade.
3. Adquisición de próteses dentais e audífonos
Cada solicitante só poderá solicitar a axuda dun dos supostos recollidos
(segundo o anexo III da orde).
REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS
- Persoas cunha idade igual ou superior aos 65 anos na data de
publicación desta orde que acrediten a necesidade dunha axuda que
non estea incluída no ámbito doutras liñas de protección social ou
sanitaria.
- Persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, menores de 65
anos.
- Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia nos
seguintes graos:
o Grao III, niveis 1 e 2
o Grao II, niveis 1 e 2
- Residir en Galicia
- Que a renda per cápita da unidade familiar, non supere o 125% do
IPREM incluíndo as pagas extras. Cando a unidade estea constituída
por dous membros o límite será do 150% e cando sexa un só membro
elévase ao 175% do IPREM.
- Non ter percibido nos dous últimos anos axudas para o mesmo fin, salvo
que a adaptación ou axuda técnica sexa complementaria da anterior
concedida ou porque se solicite unha substitución debido a un
agravamento da situación do beneficiario.

Para máis información consultade o DOG ou pasade polas seccións sindicais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario