viernes, 19 de febrero de 2010

Pago trienios persoal eventual e interino

Logo das numerosas reclamacións feitas dende CCOO durante un ano, sobre o pagamento dos trienios ó persoal eventual e interino, podemos informaros de que o SERGAS comunicounos que xa habilitaron os anexos ó aplicativo informático para que incluan o persoal eventual e interino.
Os anexos foron trasladados ós informáticos do CST, empresa privada subcontratada polo SERGAS en todos os centros, encargada da xestión deste e outros programas. En Febreiro os centros validarán o programa e se conta que a finais de Marzo xa esté habilitado e operativo.
En Abril a previsión é de efectuar os pagos cunha retroactividade de 1 ano a partires da data de solicitude, isto é a instrucción que administrativamente dicta o SERGAS, cando sexa efectiva e nos sexa presentada formalmente iniciaremos as reclamacións que estimemos oportunas, se as hai, en canto as datas de cumprimento.
A presión de CCOO consigue solucionar un problema que levamos arrastrando un ano en contra da pasividade e lentitude do SERGAS, seguiremos vixiantes para que a administración cumpra os prazos que eles marcaron pola nosa insistencia.

1 comentario:

  1. Pois teño que dicir que eu reclamei o pago do terceiro trienio hai case un ano e ainda non recibín contestación algunha por parte do SERGAS. Estou solicitando de novo os servizos prestados para facer una reclamación. Queredes dicir que xa non é necesario, que o SERGAS vai recoñece-los trienios de forma automática?
    Un saudo

    ResponderEliminar