Onte tivo lugar unha mesa secorial no Sergas onde un punto da orde do día era '' os acordos suspendidos'' pois, ben deixovos aqui o que aconteceu.
Reclámase que expliquen a situación na que está o aprazamento dos Acordos asinados e suspendidos unilateralmente pola Administración..
O Sergas responde que a Suspensión dos Acordos Retributivos está recollida na Lei de Orzamentos de Galicia do 2010 e que non vai a haber negociación de Carreira Profesional Ordinaria,xa que supeditan isto a que as organizacións sindicais aceptemos o aprazamento da parte retributiva dos Acordos e asinemos a paz social.
Argumentan a existencia dun novo escenario económico a día de hoxe, co Plan de Austeridade aprobado polo Goberno Central, e a súa influencia nas futuras negociacións.
CC.OO. reiteramos na Mesa Sectorial a nosa petición de calendario de negociación de Carreira Profesional Ordinaria,o cumprimento do Plan Mellora e negociar as condicións laborais dos traballadores recollidas en anteriores Acordos e non cumpridas aínda.Tamén esiximos que publiquen as convocatorias de Carreira Profesional Extraordinaria pendentes,para o seu recoñecemento.
Como vedes, estamos peor que antes'' pero que é o que quere esta Administración?? que nos levantemos en pé de guerra?? pois habrá que darlles, porque agora nin negociacións nin nada e ainda teñen cara de pedir paz social.
Vamos a darlle a eles guerra e non paz.
viernes, 12 de febrero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario