lunes, 7 de marzo de 2011


TRABALLADORES EVENTUAIS

O actual Pacto de Contratacións estase dende hai moitos meses negociando e MODIFICANDOSE en algúns apartados.

O apartado máis importante, e que máis emprego creaba, era o DESCANSO OBRIGATORIO cando se levaba máis dun ano contratado.
Na reunión do 17 de febreiro acordouse ELIMINALO co voto favorable de todos os sindicatos menos CC.OO e outro Sindicato.

A desaparición do descanso vai a supoñer a merma de contratados nas vindeiras listas, xa que actualmente ese descanso permite o acceso de moitos traballadores que relevan os que cumplen o DESCANSO DE 3 MESES.

Ante este panorama, dende CC.OO acordamos INFORMAR ós afectados e CONVOCAR CONCENTRACIÓN O DÍA 15 DE MARZO que se celebra unha xuntanza de Pacto Contratacions.



MOBILIZATE E CONCENTRATE
AINDA ESTAMOS A TEMPO

ACUDE O DIA 15 AS 10,30 H O SERGAS.
SAN LÁZARO

ELECCIONS DE DESTINO

ELECCION DE DESTINO

Grupo Administrativo da Función Administrativa
Pinches
Tecnicos Especialistas en Hixiene Buco-Dental

DIA 9 AS 5 DA TARDE EN SAN LAZARO

Previsions.
Pendentes de publicar en DOG
eleccions de destino
TEL
TERAPEUTA OCUPACIONAL
MATRONA
Dia 10
Previsions pendentes de publicar en DOG

Acto de Elección de Destino para CELADORES

15 DE marzo

miércoles, 2 de marzo de 2011

AGRESIONS O PERSOAL SANITARIO

Federación de sanidade e sectores sociosanitarios. Sección sindical do CHUS ccoo.santiago@sergas.es




As agresións ó persoal do Sergas van en aumento e son noticia na prensa con demasiada frecuencia, polo que vemos necesario actualizar a información que todos temos que coñecer.
A violencia laboral pode ser fisica, psicolóxica e patrimonial, en calquera dos casos as pautas a seguir son as seguintes:
1.- Avisar o Servicio de Seguridade (si o houbere) e senon os Corpos de Seguridade do Estado se hai agresión fisica.
2.-Acudir ó Servizo de Urxencias para que emita o correspondente informe.
3.-Informar o Superior Xerárquico para que cubra o Anexo I e o remita a Xerencia Xeral, Servicio de Persoal e UPRL.
4.- Tramitar denuncia xudicial si procedese, xa que na actualidade os funcionarios, incluido o persoal interino e contratado están protexidos polo Codigo Penal ca nova figura de atentado.

EXERCE OS TEUS DEREITOS

PERMISOS TRABALLADORES EVENTUAIS

Federación de sanidade e sectores sociosanitarios. Sección sindical do CHUS ccoo.santiago@sergas.es


DEREITOS DOS EVENTUAIS “fora de cadro”


Todos os traballadores EVENTUAIS que soliciten permisos para examenes, formación etc.. teñen os mesmos dereitos que o Persoal fixo e interino.

En Sentencia do Xuzgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra, con data 5 de marzo de 2010, un Recurso de Alzada interposto por CC.OO, desestimase a denegación de permiso para un eventual , baseandose en que no se pode discriminar os traballadores cun contrato de duraciòn determinada.
O EBEP determina que os traballadores interinos e eventuais seralle de aplicación o rexime xeral dos Funcionarios de Carreira (apartado 5, artigo 10) por razóns de non discriminacion

miércoles, 29 de diciembre de 2010

CALENDARIO PROFESIONAL DA OPE E CONCURSO DE TRASLADOS









CALENDARIO PROVISIONAL DA OPE E CONCURSO DE TRASLADOS


CONCURSO-OPOSICIÓN

BAREMACIÓN DEFINITIVA:


Final de decembro/primeros xaneiro
Grupo técnico da F.A.
Grupo de xestión da F.A.


Primeira quincena de xaneiro:
Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

Segunda quincena de xaneiro
Grupo Auxiliar da F.A. / Persoal de servizos xerais
Nestas dúas categorías, e tal e como se comentou na Mesa Sectorial do pasado 23-12-2010 a listaxe definitiva publicarase unha vez tramitados e resoltos os expedientes en curso, previsiblemente na segunda quincena de xaneiro.
Persoal de enfermaría (ATS/DUE)


CONCURSO DE TRASLADOS


BAREMACIÓN DEFINITIVA:

Primeira quincena de xaneiro
Todas as categorías publicadas o 5 de novembro, máis electricista.

Segunda quincena de xaneiro:
Médicos de Familia, Odontólogos, Farmacéuticos e Pediatras de A.P.

Primeira quincena de febreiro
Técnico en coidados auxiliares de enfermaría e Persoal de enfermaría (ATS/DUE)


ACTOS DE ELECCIÓN E TOMAS DE POSESIÓN OPE/CONCURSO


Primeiros de xaneiro
FEA de Psiquiatría (OPES 2006/2008): elección de destino.


Segunda quincena de xaneiro:
Publicación de prazas ofertadas das primeiras categorías resoltas definitivamente en Traslados.
Previsible citación para actos de elección das primeiras categorías conxuntas resoltas definitivamente en fins de semana sucesivos, a partires do 29 de xaneiro, incorporándose despois, dende a segunda quincena de febreiro.


Primeira quincena de febreiro
Publicación de prazas ofertadas e citación para actos de elección de Médicos de Familia, Odontólogos, Farmacéuticos e Pediatras de A.P.
Posible incorporación desde marzo, polo tempo que precisa a actualización de tarxeta sanitaria en Atención Primaria.


Primeira quincena de febreiro
Publicación de prazas ofertadas e citación para actos de elección de Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.


Segunda quincena de febreiro
Publicación de prazas ofertadas e citación para actos de elección de Persoal de enfermaría (ATS/DUE).


Para mais información pasade polas nosas seccións sindicais

viernes, 3 de diciembre de 2010

OPE 2009. LISTAS DEFINITIVAS

federación de sanidade e sectores sociosanitarios
sanidade.sn@galicia
.




OPE 09

Publicada en DOG de hoxe,3 de Decembro Resolución de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se fan públicos os listados definitivos das seguintes categorías:
-Albanel
-Carpinteiro/a
-Cociñeiro/a
-Fisioterapeuta
-Lavandeiro/a
-pasador/a de ferro

Hai un plazo de 15 días hábiles,a partir de mañán, para entregar documentación.

jueves, 18 de noviembre de 2010

LISTAS DE CONTRATACION





Ante a tardanza da negociación do novo pacto de contratacións, CC.OO solicita que se abran as listas de vinculacións temporais no mes de Xaneiro do 2011, para a inclusión de novos méritos e aspirantes, así como que ditas listas comecen a funcionar no verán.
Estamos a recoller firmas de adhesión a dita proposta que serán rexistradas en tódalas Xerencias con data do 22/12/2010.

Pasade a firmar polas S. Sindicales de CC.OO



NON MAIS APLAZAMENTOS Á BOLSA DE TRABALLO DO SERGAS

martes, 16 de noviembre de 2010

MANIFESTACIÓN NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA.


O vindeiro 21 de Novembro ás 12 horas terá lugar a Manifestación en defensa da Sanidade Pública , convocada pola Plataforma de Defensa da Sanidade Pública na que CC.OO. é parte integrante. . O acto terá lugar en Santiago onde nos xuntaremos toda a población galega que queira defender o Sistema Pública de Sanidade, sistema que nos momentos actuais está en risco, o actual goberno do PP pretende implantar neste o noso país, o sistema de financiamento privado , o mesmo que fixo Esperanza Aguirre en madrid. Xa sabemos que este sistema o único que produce é un incremento de gastos, (aínda que eles manifesten o contrario) e unha menor calidade asistencial. O público está en risco, debemos saír todos e todas ás rúas a defender o noso, que en definitiva é a nosa saúde.


Acude con nos a manifestarte o vindeiro domingo ás 12 horas na Alameda de Santiago de onde partiremos hacia o Obradoiro.


lunes, 15 de noviembre de 2010

DUES LISTAS PROVISIONAIS OPE

OPE 2009

Publicada en DOG de 15 de Novembro de 2010 a Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Sergas pola que se fan públicas os listados provisionais da fase de Concurso da categoría do persoal de Enfermería(ATS/DUE).

A publicación farase nos tablóns de anuncios dos Servizos Centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina web www.sergas.es.

Ábrese o plazo de 10 días hábiles(a contar desde o seguinte ó da publicación en DOG) para presentar reclamación contra a puntuación otorgada nesta baremación.