jueves, 6 de mayo de 2010

Acoplamentos Internos.

O que vos vou a contar parece de coña, pero non o é.
Hoxe tivemos a xuntanza prevista con RRHH para rematar definitivamente cas bases do Acoplamento Interno.
Pois ben, compañeiros, rematar, rematamos, vamos ,quedando dacordo nas bases que rexiran a partir dagora os acoplamentos internos en este Complexo, por consenso decidíuse unanimemente que tamén podría participar o persoal laboral e funcionario.
Pero agora ven o bó: Informannos que acaban de recibir unha sentenza do TXG , declarando nulo o acoplamento interno do persoal sanitario feito fai dous anos. O que acabades de leer. O sindicato CSIF a pesares de haber votado a favor dese acoplamento na Comisión de Centro, o denuncia os tribunais e a Xusticia lle dá a razón e o declara nulo.
Así que agora, que queríamos resolver o acoplamento interno de PERSOAL NON SANITARIO que estaba pendiente , atopámponos con este ''pao'' que nos deixa sin saber como seguir, nin con este proceso nin co proceso que se levou a cabo e que fixo posible que máis de mil traballadores deste complexo acadaran súa praza por acoplamento.
Non non vemos o sindicalismo deste xeito, estamos para axudar os traballadores non para fastidialos, non xogamos a decir que sí nun lado e logo facer isto. A quen lle fan o xogo , ¿ a Administración? o a algún amiguiño?? Preguntámonos si pensaron en todos aqueles traballadores-compañeiros que se acoplaron e que desexan acoplarse.
Si algún traballador non está dacordo con algo, particularmente pode recurrir, pero un sindicato que manifesta co seu voto estar dacordo con algo, como é que despois o impugna nos tribunais.

Compañeiros e compañeiras xa sabedes a quen tedes, cando non saian os acoplamentos internos ou cando recurran a vosa praza acadada no derradeiro acoplamento , xa sabedes a quen tedes que reclamarlle.

No hay comentarios:

Publicar un comentario