martes, 4 de mayo de 2010

negociacion do convenio privado da terceira idade

O pasado martes 29 de abril tivo lugar unha nova xuntanza da Mesa Negociadora através do AGA do Convénio Colectivo de Residencias Privadas da Terceira Idade. Como xa vos tiñamos comentado, por parte de CCOO e CIG tiñamos plena disposición a retomar as negociacións sempre e cando se cumpriran as seguintes premisas : 1º.- Establecer un calendário de negociación cunha xuntanza semanal mínima, e co compromiso de rematar a mesma antes da segunda quincena de maio. 2º.- Deixar ben claro que existe a total posibilidade de establecer melloras sobre os convenios galego e estatal, sen que a negociación sexa un corta-pega dos dous convénios. 3º.- Compromiso irrenunciable de manter a garantia de melloras do estatal recollida no artigo 5º e na Disposición Adicional 4º, sabedores que se non se mantén, este probablemente seria o último convénio galego do sector, vista a atitude desta patronal.
Lamentablemente, cumprironse as peores espectativas posibles, e a patronal non aceptou nengunha das premisas requeridas por nós. É máis, só está disposta a negociar sobre a sua plataforma, e non admite nengunha modificación que vaia máis alá dun pequeno retoque. E por suposto, quere suprimir a disposición adicional 4º.
Diante desta situación, non nos quedou máis remedio que dar por rematada a mediación no AGA, pola clara imposibilidade de chegar a un acordo minimamente razonable cunha patronal que cada dia que pasa máis chuleria e desprecio amosa cara aos traballadores do sector. Está claro que a esta patronal hai que poñela no seu sitio, e por parte de CCOO e CIG o primeiro paso que imos dar é presentar un conflito colectivo polo cal obriguemos á patronal a acudir a unha arbitraxe e esta determine os aspectos máis beneficiosos do Convénio estatal do sector que son de aplicación para nós, tal como establece o artigo 5º e a disposición adicional 4º do actual convénio.
Por parte de CCOO e CIG, a maiores deste conflito colectivo, tamén nos reservanos o direito a seguir coas mobilizacións necesarias para forzar a esta patronal a negociar un convénio digno. E destas mobilizacións xa informaremos. Igualmente, temos que dicir que cada vez entendemos menos a posición da UGT na Mesa e na negociación deste Convénio. Nen se mobiliza, nen denuncia, nen fala na Mesa, nen propón nada e nen dá a cara. Eles saberán as consecuencias dos seus actos.
¡POR UN CONVENIO DIGNO! ¡SOLUCION XÁ!

No hay comentarios:

Publicar un comentario