lunes, 22 de febrero de 2010

PREVISIÓNS DE DATAS PARA A REALIZACIÓN DOS EXERCICIOS DA FASE DE OPOSICIÓN DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE DA OPE DO ANO 2008-2009

1.- Grupo Técnico e Grupo de Xestión da Función administrativa

Día: 9 de marzo de 2010

Lugar: Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS). Santiago de Compostela.

2.- Grupo Auxiliar da Función administrativa e Persoal de Servizos Xerais

Día: 13 de marzo de 2010

Lugar: Recinto Feiral de Silleda (Pontevedra).

3.- Cociñeiro

Días: 2, 3, 4, 5, 9, 10 e 11 de marzo de 2010, en quendas de tres aspirantes cada día excepto os dous últimos días que será en quendas de dous aspirantes.

Lugar: Hospital Materno-Infantil de A Coruña.

Estas datas, así como os horarios concretos serán publicados proximamente no Diario Oficial de Galicia

viernes, 19 de febrero de 2010

Pago trienios persoal eventual e interino

Logo das numerosas reclamacións feitas dende CCOO durante un ano, sobre o pagamento dos trienios ó persoal eventual e interino, podemos informaros de que o SERGAS comunicounos que xa habilitaron os anexos ó aplicativo informático para que incluan o persoal eventual e interino.
Os anexos foron trasladados ós informáticos do CST, empresa privada subcontratada polo SERGAS en todos os centros, encargada da xestión deste e outros programas. En Febreiro os centros validarán o programa e se conta que a finais de Marzo xa esté habilitado e operativo.
En Abril a previsión é de efectuar os pagos cunha retroactividade de 1 ano a partires da data de solicitude, isto é a instrucción que administrativamente dicta o SERGAS, cando sexa efectiva e nos sexa presentada formalmente iniciaremos as reclamacións que estimemos oportunas, se as hai, en canto as datas de cumprimento.
A presión de CCOO consigue solucionar un problema que levamos arrastrando un ano en contra da pasividade e lentitude do SERGAS, seguiremos vixiantes para que a administración cumpra os prazos que eles marcaron pola nosa insistencia.

LISTAS DEFINITIVAS DE OPE

Con data 19 de febreiro publicanse as listaxes definitivas de todolas categorías da OPE.

Para ver resultados entrar paxina do SERGAS. www.sergas.es. emprego público.ope 08/09.


O día 24 abrese o prazo para presentación de méritos. O periodo de duración é de 15 días hábiles.

viernes, 12 de febrero de 2010

Mesa Sectorial acordos suspendidos

Onte tivo lugar unha mesa secorial no Sergas onde un punto da orde do día era '' os acordos suspendidos'' pois, ben deixovos aqui o que aconteceu.
Reclámase que expliquen a situación na que está o aprazamento dos Acordos asinados e suspendidos unilateralmente pola Administración..
O Sergas responde que a Suspensión dos Acordos Retributivos está recollida na Lei de Orzamentos de Galicia do 2010 e que non vai a haber negociación de Carreira Profesional Ordinaria,xa que supeditan isto a que as organizacións sindicais aceptemos o aprazamento da parte retributiva dos Acordos e asinemos a paz social.

Argumentan a existencia dun novo escenario económico a día de hoxe, co Plan de Austeridade aprobado polo Goberno Central, e a súa influencia nas futuras negociacións.

CC.OO. reiteramos na Mesa Sectorial a nosa petición de calendario de negociación de Carreira Profesional Ordinaria,o cumprimento do Plan Mellora e negociar as condicións laborais dos traballadores recollidas en anteriores Acordos e non cumpridas aínda.Tamén esiximos que publiquen as convocatorias de Carreira Profesional Extraordinaria pendentes,para o seu recoñecemento.

Como vedes, estamos peor que antes'' pero que é o que quere esta Administración?? que nos levantemos en pé de guerra?? pois habrá que darlles, porque agora nin negociacións nin nada e ainda teñen cara de pedir paz social.
Vamos a darlle a eles guerra e non paz.

jueves, 11 de febrero de 2010

ACOPLAMENTO INTERNO

Na xuntanza de onte entre a Comisión de Centro e a Xerencia, a Dirección de RRHH, comprometeuse a que a vindeira semán convocaría a Comisión de Acoplamento interno para empezar a elaborar as bases que rexiran o Acoplamento.

Os acoplamentos que se convoquen serán para todo o persoal , tanto sanitario como non sanitario .

Como sabedes as bases teñen que axustarse as firmadas na mesa sectorial para todo o ámbito do SERGAS .

Esto significa que todo o presentado para a convocatoria que estaba feita de persoal non sanitario non valdrá, dado que non se axusta as citadas bases.

lunes, 8 de febrero de 2010

Listado de aprobados de especialidad Saúde Mental.

Hoxe, día 8, o Ministerio de Educación colgará a relación de aprobados no examen para obter a Especialidade de Saúde Mental polo proceso extraordinario. A páxina para consultalos é :
http://educacion.es/educacion/universidades/convocatorias/especialidad-enfermeria/salud-mental.htm

Un saludo

fase concurso FEAS

Correo recibido do SERGAS, en canto a publicación das puntuacións provisionais da fase de concurso de FEAS.

A delanto previsions de próximas publicación relativas a OPE 08
DOG del 12 de febrero:
facultativo/a especialista de área de análises clínicas,
facultativo/a especialista de área de aparello dixestivo,
facultativo/a especialista de área de farmacia hospitalaria,
facultativo/a especialista de área de medicina física e rehabilitación,
facultativo/a especialista de área de microbioloxía e parasitoloxía
odontólogo/a de atención primaria

DOG del 19 de febrero:
facultativo/a especialista de área de cirurxía xeral e aparello dixestivo,
facultativo/a especialista de área de nefroloxía,
facultativo/a especialista de área de psiquiatría,
facultativo/a especialista de área de uroloxía


Finales de marzo: Médico de familia

Matronas

Como xa sabedes, a xuíz sentenciou a suspensión cautelar das matronas sancionadas. Pois ben a Xerencia do CHUS, recibíu o día 20 de xaneiro a comunicación da sentencia e a día de hoxe só a fixo efectiva a unha das matronas. O resto delas están na súa casa sen cobrar . Preguntámonos si a xerencia deste complexo ten por norma non executar sentencias ou facelo cando eles queren, para aplicala sanción non esperaron nada , debe ter veto para acatar o que queren.
Dende a Comisión de centro xa se pedíu que se fixera efectiva a incorporación inmediatamente, pero aínda asi nada.
As matronas teñen unha páxina para recollida de sinaturas onde podedes ver o que piden a apoialas ca vosa firma. Deixovos o enlace aqui , a continuación. http://www.efirmas.com/2715397/index.html