jueves, 18 de noviembre de 2010

LISTAS DE CONTRATACION





Ante a tardanza da negociación do novo pacto de contratacións, CC.OO solicita que se abran as listas de vinculacións temporais no mes de Xaneiro do 2011, para a inclusión de novos méritos e aspirantes, así como que ditas listas comecen a funcionar no verán.
Estamos a recoller firmas de adhesión a dita proposta que serán rexistradas en tódalas Xerencias con data do 22/12/2010.

Pasade a firmar polas S. Sindicales de CC.OO



NON MAIS APLAZAMENTOS Á BOLSA DE TRABALLO DO SERGAS

martes, 16 de noviembre de 2010

MANIFESTACIÓN NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA.


O vindeiro 21 de Novembro ás 12 horas terá lugar a Manifestación en defensa da Sanidade Pública , convocada pola Plataforma de Defensa da Sanidade Pública na que CC.OO. é parte integrante. . O acto terá lugar en Santiago onde nos xuntaremos toda a población galega que queira defender o Sistema Pública de Sanidade, sistema que nos momentos actuais está en risco, o actual goberno do PP pretende implantar neste o noso país, o sistema de financiamento privado , o mesmo que fixo Esperanza Aguirre en madrid. Xa sabemos que este sistema o único que produce é un incremento de gastos, (aínda que eles manifesten o contrario) e unha menor calidade asistencial. O público está en risco, debemos saír todos e todas ás rúas a defender o noso, que en definitiva é a nosa saúde.


Acude con nos a manifestarte o vindeiro domingo ás 12 horas na Alameda de Santiago de onde partiremos hacia o Obradoiro.


lunes, 15 de noviembre de 2010

DUES LISTAS PROVISIONAIS OPE

OPE 2009

Publicada en DOG de 15 de Novembro de 2010 a Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Sergas pola que se fan públicas os listados provisionais da fase de Concurso da categoría do persoal de Enfermería(ATS/DUE).

A publicación farase nos tablóns de anuncios dos Servizos Centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina web www.sergas.es.

Ábrese o plazo de 10 días hábiles(a contar desde o seguinte ó da publicación en DOG) para presentar reclamación contra a puntuación otorgada nesta baremación.

viernes, 5 de noviembre de 2010

CONCURSO DE TRASLADOS

CONCURSO DE TRASLADOS

Publícase en DOG de 05 de Novembro de Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Sergas, pola que se aproba a resolución provisional do concurso de traslados das seguintes categorías:
-enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía.
-fisioterapeuta.
-técnico/a especialista en anatomía patolóxica.
-técnico/a especialista en hixiene bucodental.
-técnico/a especialista en laboratorio e diagnóstico clínico.
-técnico/a especialista en imaxe para o dignóstico clínico.
-técnico/a especialista en radioterapia.
-terapeuta ocupacional.
-calefactor/a.
-carpinteiro/a.
-celador/a.
-cociñeiro/a.
-costureiro/a.
-fontaneiro/a.
-grupo admininistrativo da función administrativa.
-grupo auxiliar da función administrativa.
-grupo de xestión da función administrativa.
-grupo técnico da función administrativa.
-lavandeiro/a.
-logopeda.
-mecánico/a.
-planchador/a.
-peluquero/a.
-persoal de servicios xerais.
-pinche.
-técnico/a de xestión de sistemas e T.I.
-técnico/a especialista de sistemas e T.I.
-técnico/a superior de sistemas e T.I.
-telefonista.
-traballador/a social.

Abre un plazo de 15 días hábiles, a partir do día 6 de Novembro, para formular reclamacións.


Os queda el enlace para acceder .www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=90900

jueves, 4 de noviembre de 2010

Listados de TCAE

Onte saíron os listados provisionales de baremación da OPE de TCAE. Antes das reclamacións a nota de corte para Libre é de 65,87 puntos e a de discapacitados é de 48,18 puntos. Recordade sempre sen ter en conta as reclamacións.
Tedes 15 días para reclamar.
¡Boa sorte a todos e todas ¡