martes, 29 de diciembre de 2009

OPE08-09

O Mércores, día 30, están previstas as seguintes publicacións relativas á OPE 08/09:

Notas provisionais da baremación da fase de concurso de facultativos, coa excepción das seguintes categorías

- Análises clínicas
- Aparello dixestivo
- Cirurxía xeral e aparello dixestivo
- Farmacia hospitalaria
- Medicina física e rehabilitadora
- Médico de familia
- Microbioloxía e parasitoloxía
- Nefroloxía
- Odontoloxía
- Psiquiatría
- Xeriatría
Notas provisionaias dos exercicios da fase de oposición das categorías que realizaron os exercicios nos meses de outubro/novembro

jueves, 24 de diciembre de 2009

FELICES FESTAS


As delegadas desta sección sindical os desexan a todos vos FELICES FESTAS e que o SERGAS cumpra todas as nosas peticións.

mesa sectorial 23/12/09 movilidade interna

Onte día 23 de decembro houbo Mesa Sectorial de Negociación para abordar dous temas : Borrador de Mobilidade Interna elaborado entre o SERGAS e os sindicatos CIG , UGT e SATSE ( asinantes do Acordo Marco ) e Traslados FEAS

1. MESA SECTORIAL MOBILIDADE INTERNA 23 DE DECEMBRO

TEATRO, ESCENIFICACIÓN, PARIPÉ estos son os calificativos que se merece a mesa sectorial de hoxe.

A Administración volta a presentarse moi apresurada por acadar a sinatura dun documento de mobilidade interna, e dí que únicamente CC.OO. presenta alegacións por escrito e polo tanto serán as que se discutan. Nese momento o CSIF clarexa que non presentou alegacións xa que pediron execución da sentenza que gañaron e que recoñece que a mesa sectorial é quen ostenta a lexitimidade para negociar e non Comisións Técnicas dos asinantes de acordos. Lémbrovos que CC.OO. está agardando o resultado da mesma denuncia feita nos xulgados.

A pesares disto, CC.OO. expón as súas alegacións e reitera as feitas na anterior mesa, son recollidas algunhas e outras non, as enumeramos máis abaixo, e sen mediar máis discusión o Subdirector de Relacións Laborais pide a sinatura do documento con toda urxencia para envialo xa as Xerencias ( logo de ter eles máis dun ano de tempo para elaboralo e dar o borrador a CC.OO. fai 10 días...)

Os asinantes do Acordo Marco e polo tanto integrantes da Comisión Técnica, CIG,UGT,SATSE co apoio do SAE DIN QUE SÍ O DOCUMENTO , só CSIF E CC.OO. votamos en contra dun documento que é incompleto, que non recolle todas as situacións, que non regula a todas as categorías e a todo o persoal, que non se fixo ao abeiro da Mesa Sectorial, se non en un grupo de traballo que non representa a todos os traballadores e traballadoras, e que deixa a interpretación e regulación ás comisións de centro gran parte das bases, ou sexa, o que xa había.

E por si fora pouco escandaloso e vergoñento, o rematar, o subdirector, Javier Pena, comenta que en algúns hospitais se deixaba participar os funcionarios e laborais dun “xeito pacífico” na mobilidade interna e propón asinar un acta onde se recolla que o poderán seguir facendo. CC.OO. presentara xa como alegación que o ámbito de aplicación recollera a todo o persoal independentemente do seu vínculo xurídico
( É DICIR , ESTATUTARIOS , LABORAIS E FUNCIONARIOS ), e máis, alegamos que o título do documento fora “Mobilidade interna do persoal fixo do servizo galego de saúde” e foi rexeitado pola administración e os sindicatos asinantes do Acordo Marco e a Comisión Técnica.
Isto supón que a Mobilidade Interna somentes se aplicará a os Hospitais
( ESPECIALIZADA ) , deixando fora a toda a Atención Primaria.

A guinda final a pon a CIG cando dí que eles tamén querían que fose para funcionarios e laborais pero en aras do consenso renunciaron a elo ¿CONSENSO? CON QUEN, consenso coa administración UGT e SATSE , porque o que quedou claro e que coa Mesa Sectorial NON.

A falla de respeto da Administración con respecto á negociación colectiva e o diálogo xa atopou aliados, CC.OO. procederemos a denunciar todos os acordos que non se negocien en Mesa Sectorial e se siga obviando o noso dereito a facelo como representantes dos traballadores elixidos nas urnas, os expoñemos as NOSAS ALEGACIÓNS e como quedaron despois da función teatral de hoxe:

Título do documento: alegamos que sexa “Persoal Fixo do servizo galego de saúde” así incluirá todas as categorías ( licenciados sanitarios e non sanitarios, diplomados , persoal de F.P. e de xestión e servicios ) todos os vínculos xurídicos (estatutarios, funcionarios e laborais )e todos os ámbitos de traballo, especializada e primaria. A Mesa di que REXEITADO
Comisión de Traslados Internos: alegamos que se fixera unha comisión de traslados internos separada da comisión de baremación e que fose PARITARIA , e que calquera dúbida fora resolta no seo da Xunta de Persoal. REXEITADO excepto que sexa paritaria e a ADMINISTRACIÖN serán os que decidan as dúbidas e interpretarán as bases.... ( nunca sucedeu este precedente )
Convocatoria: alegamos que fose cando menos unha convocatoria por ano e as PLAZAS especificadas con QUENDA REXEITADO.(queda cada 2 anos )
Baremo: alegamos que se clarexe a proporcionalidade do baremo con puntuación concreta ( entre experiencia profesional e formación – galego ) REXEITADO.
Perfiles de postos: alegamos que se concrete en que situacións e con qué criterios se sacarán postos con perfil e que sexan negociadas e acordadas. Cos sindicatos REXEITADO, xa o decidirán en cada Centro Directivo
Reclamacións: alegamos que se deixe un prazo de 5 días para subsanar erros administrativos antes da publicación dos listaxes provisionais ( pretendían desestimar as solicitudes sen máis ) ACEPTADO
Incorporación ó novo posto: alegamos que sexa en 3 meses non en 6. REXEITADO ampáranse en que en caso de postos de saúde laboral é o tempo necesario para readaptar un posto.
Persoal Reclasificado: alegamos que se contemple específicamente a situación do persoal que foi reclasificado forzosamente por reorganización ou externalización dun servizo, de xeito que se lle contemple todo o tempo traballado na categoría na que foi reclasificado. ACEPTADO, non sen discusión non só coa administración
Tempo traballado en outra categoría:alegamos que se inclúa a puntuación de tempo traballado noutra categoría como fixo ou temporal. REXEITADO , só se contará se foi en promoción interna temporal (SEA)
Puntuación por permanencia na institución: alegamos que debería aparecer unha puntuación adicional por permanencia nun mesmo servizo. REXEITADO.
Puntuación de galego: alegamos que tiña que ser dentro da formación e en baixa proporción con respecto o resto do baremo, xa que o galego se esixía na OPE. REXEITADO, iniciación equivaldrá a 3 meses de traballo e perfeccionamento a 6 meses de traballo.
Criterios de saída das unidades por mobilidade interna: alegamos que o documento debería ir acompañado dos criterios que rexirán a saída das unidades do persoal que resulte movido polo proceso de mobilidade interna. REXEITADO, cada centro aplicará o que acorde no momento, e dicir, aleatoriamente e sen descusión....( sen precedente ata agora ...)
Pérdida da reserva de praza: alegamos que nas situacións do persoal que esté fora do seu posto por motivos de saúde laboral, non perda o seu posto ata que así o decida a UPRL. ACEPTADO , aínda que non entenderon ben o que diciamos.

E ASÍ REMATOU A MESA SECTORIAL COMO UNHA FUNCIÓN TEATRAL CUNS ACTORES ( SERGAS E SINDICATOS ASINANTES DO ACORDO MARCO ) AVALANDO UN DOCUMENTO INCOMPRENSIBLE E XESTADO DURANTE UN ANO

DENDE CC.OO. CREMOS QUE DEBEN SER OS PROFESIONAIS OS QUE TEÑAN A ÚLTIMA PALABRA

planillas definitivas ope

Acabanos de comunicar o SERGAS co día 29 o 30 deste mes de decembro, saldrán as planillas definitivas e as notas de todolos exámenes da OPE.
Sorte a todos e todas.

jueves, 17 de diciembre de 2009

Cómputo de LDS en noites.

Hoxe tivemos xuntanza da Comisión de centro coa xerencia. Sabedes que o tema do cómputo cando o persoal pedía lds en noites xa foi tratado na xuntanza de outubro, pois atopamonos con que a xerencia agora desdícese do dito. Analizado por eles o punto en profundidade, deciden que estaba ben aplicado o aplicativo informático e unha noite merma 14 horas ( claro tirando pa casa). Esta decisión non foi compartida por ningunha organización sindical , máis o contrario criticada por todos . Pero non caen ou non queren caer da burra¡¡
De todos xeitos como xa figuraba en acta , e estaba asinado, quedaron en que este ano respetarían computar 10 horas, información que daran traslado as supervisoras/es. Estaremos o loro¡¡
Así que xa vedes como as gastan, empezan a mostrar os dentes¡¡¡
Nos queda unha longa batalla por este tema, tanto en este como noutros temas , non consentiremos que interpreten as normas a súa conveniencia, que é o que estan a facer, así que idevos preparando.

Acoplamentos internos.

Como xa sabedes os acoplamentos internos , despues de varias denuncias tralo acoplamento de persoal sanitario , se habían paralizado por unha sentencia xudicial onde decía que non era competencia das Comisións de Centro esa negociación. pois ben hoxe no seo da mesa sectorial se lle dou legalidade a dito acoplamento ratificandoo .
O mesmo tempo empezou a negociación das bases xerais de acoplamentos internos para o ámbito do SERGAS, ditas bases foron realizadas nas comisións técnicas que firmaron o Acordo Marco ( recordade que CC.OO. non o asinou) , aínda que xa deberían estar feitas , celebramos tamén que por fin empece a negociación. Esto afectaría o paralizamento do Acoplamento interno de persoal non sanitario que tiñemos, e que quedou en suspenso por mor de ditas sentencias. Por eso esta negociación para nos é tan importante, en canto se aproben esas bases poderemos darlle traslado o noso complexo e sacar o Acoplamento suspendido, e incluso veríase de a posibilidade de sacar un xeral para todo o persoal.
Así que hoxe estamos de donle enhoraboa....será pola chegada dos Reis Magos???
Pois benvidos todos os agasallos que nos dé o SERGAS.

Listados de contratacións

Por fin¡¡ obxetivo acadado¡¡

O vernes 18 de Decembro,publícanse as Listas Provisionais do Pacto de Contratacións Temporais das categorías de :
MÉDICO DE FAMILIA
PEDIATRA
MÉDICO DE URXENCIAS HOSPITALARIAS
ODONTÓLOGO
ENFERMARÍA
MATRONA
AUXILIAR DE ENFERMARÍA
COCIÑEIRO
As listaxes provisionais estarán expostas nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e das institucións sanitarias do Sergas, así como na páxina web do Sergas (www.sergas.es).
Os interesados poderán formular reclamacións contra a resolución de publicación das listaxes perante a dirección provincial correspondente no prazo de 20 días hábiles(por mor das datas coincidentes co Nadal), contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Como vedes as nosas movilizacións deron o seu fruto. Gracias a todos e todas.

martes, 15 de diciembre de 2009

Postura de CC.OO. ante a convocatoria de folga do día 16

O pasado día 26 de novembro, os sindicatos que formamos parte da plataforma unitaria, atendendo ao sentir dos traballadores expresado nas diferentes asembleas de Galicia, acordamos:

-Convocar unha concentración diante do Parlamento de Galicia, que se levou a cabo o pasado día 9.
- Convocar unha concentración nos centros de traballo o día 15.
-Reunirse en Plataforma o día 16 para valorar estas concentracións e elaborar un calendario de novas mobilizacións.

O día 2 de decembro, o SERGAS fixo unha nova proposta que, dende CC.OO. e outros sindicatos,valoramos como inaceptable, xa que nin hai incremento para o ano 2010 nin perspectivas fiables para os seguintes anos, tanto na Carreira Profesional como para o resto de Acordos Asinados.
Ao remate da reunión, a CIG, unilateralmente, informou da súa decisión de convocar Folga o vindeiro día 16 e emplazou aos outros sindicatos a sumarnos á súa convocatoria, dando unha marxe para a resposta ata a mañán do día seguinte. Despois da reunión enterámonos de que a dita folga sumábase o SAE.
A actitude da CIG e do SAE é inaceptable e rompe o espíritu unitario da plataforma, que ata o momento tomaba as decisións por consenso de tódolos membros. A folga do día 16 non vai servir para a consecución dos obxectivos marcados pola plataforma e acordados nas Asembleas, polo contrario,crea división e enfrentamento.
CC.OO. non secunda unha folga que non foi convocada pola Plataforma, e fai un chamamento á unidade da plataforma e dos traballadores. O día 16 CC.OO. levará á reunión da plataforma un calendario de mobilizacións tal e como pediron os traballadores nas asembleas, e entre todos valoraremos as medidas a adoptar onde non se descarta ningún tipo de mobilizacións, paros incluídos.

CONTRA AS IMPOSICIÓNS DO SERGAS
POLA CARREIRA PROFESIONAL
POLO RESPECTO DE TODOLOS ACORDOS
POLA UNIDADE DA PLATAFORMA E DOS TRABALLADORES

sábado, 12 de diciembre de 2009

Concentración do día 15

Dentro do calendario de movilizacións previstas pola Plataforma sindical en contra das agresións do SERGAS , a vindeira convocatoria é o día 15 de Decembro con concentracións nos centros de traballo. No noso Complexo vamos a celebralas no Hospital Clínico, no Hospital de Conxo e no Psiquiátrico ás 12 horas.
Alí vos esperamos non faltedes, ata o de agora a vosa presencia foi moi importante e danos ánimos e ganas de seguir na loita¡¡
Coa vosa axuda conseguiremolo¡¡ esixir unidade sindical e non consintades que cada un vaia pola súa banda.

Prueba Salud Mental

Ante las dudas surgidas en torno a la elección de las dos convocatorias para la especialidad en Enfermería de Salud Mental, el Ministerio de Educación nos ha hecho las siguientes puntualizaciones:
• No es necesario rellenar ningún documento de confirmación de las convocatorias elegidas, tan solo es suficiente con presentarse a las convocatorias elegidas.
•Es necesario presentarse con el DNI o pasaporte en vigor y la notificación de que está admitido a para realizar las pruebas. En caso de no recibir este último documento, valdrá con la presentación del DNI o pasaporte y será el propio ministerio el que resuelva el error.
Para cualquier duda más relacionada con este y otros temas poneros en contacto con la sección sindical.

jueves, 10 de diciembre de 2009

Concentración diante do Parlamento

Enhoraboa a todos e todas, onte eramos un milleiro os traballadores e traballadoras de todo o SERGAS que xuntamonos diante do Parlamento para reivindicar o cumprimento dos acordos. A día de hoxe non saíu nada nos medios de comunicación,n para que logo falen de que non existe censura nos medios de comunicación. Berramos as nosas consignas e ca nosa presencia quedou patente cos traballadores/as queren a unidade sindical e non están dacordo cas actuacións deste goberno . A concentración encadrase no calendario de movilizacións acordadas pola plataforma sindical que continuará o día 15 con concentracións nos centros de traballo. O día 16 xuntarase de novo a plataforma para decidir as novas movilizacións tal e como o decidiron a maioría dos traballadores nas asembleas feitas.
CC.OO. é consecuente coas súas decisións, e fiel o decidido pola plataforma xa que formamos parte dela e así o desexan os traballadores/as, estos desexan unidade sindical e o 16 este sindicato levará á plataforma máis propostas para seguir loitando polos dereitos dos traballadores. De todo xeito sona un tanto raro que o mesmo día da concentración da plataforma, dous dos sindicatos integrantes dela haxan convocado pola súa banda folga para o día 16. Cal será a súa intención??? xa o veremos. €ste sindicato nunca descartou ir a folga, pero non fora da plataforma e sen ser apoiados pola maioría dos traballadores.
Pero queremos darvos as gracias polo voso apoio nos diferentes actos que levamos feitos, e desexamos que o goberno dea marcha atrás nas súas intencións e cumpra os acordos.

viernes, 4 de diciembre de 2009

Mesa do pacto de contratacións

PACTO DE CONTRATACIÓNS

Trala reunión de Mesa Sectorial no día de hoxe, na que a Administración presenta unha nova proposta, que non varía, substancialmente, os criterios utilizados na proposta anterior, na que se establecían 2 listas, unha para aspirantes que aprobaron a OPE e outra para o resto de aspirantes.
Ante a posición meridiana de CCOO de manter unha única Lista, coma ata o de agora (Ope+Formación+Experiencia) acórdase por unanimidade dos sindicatos que se negociará Novo Pacto de Contratacións con ese premisa e estando dacordo a Administración.
Agradecemos, polo tanto, a tódolos traballadores a súa participación nas Concentracións levadas a cabo con esta finalidade, xa que grazas á súa presenza activa conseguiuse o obxectivo marcado.

Seguiremos traballando todos xuntos por un Pacto de Contratacións XUSTO.

Como vedes si nos vomemos conseguimolo¡¡¡¡¡ a forza sindical está en vos compañeiras e compañeiros, a todos xuntos non nos vencen, podemos con eles¡¡¡ Moitas grazas polo voso compromiso.

Todos o Parlamento

APLAZAMENTO DO ACORDOS ASINADOS

No mes de Outubro a Xunta de Galicia decidiu,primeiro suspender e logo aplazar os Acordos asinados e publicados no DOG ós traballadores do SERGAS para que lle cadraran os Presupostos do ano 2010.
Por esto,as organización sindicais CCOO,CIG,CSIF,SAE,UGT e CESM se unen nunha Plataforma Unitaria,para defender o cumplimento íntegro dos Acordos.

Logo de varias reunións co Sergas,non se chega a acordo,polo que a PLATAFORMA UNITARIA reúnese o día 26 de Novembro e acorda as seguintes medidas:

-o día 9 de Decembro CONCENTRACIÓN diante do Parlamento de Galicia ás 17,30h(ahí se debaten os Presupostos do 2010)

-o día 15 de Decembro CONCENTRACIÓNS nos Centros de traballo.

-o día 16 de Decembro xúntase de novo a PLATAFORMA UNITARIA para decidir outras medidas.

Así como nos manifestaches o voso apoio nas Asambleas informativas,tamén o necesitamos na vindeira concentración do día 9 diante do Parlamento de Galicia.

¡¡ACUDIDE O PARLAMENTO DIA 9 ÁS 17,30H!!

Mesa sectorial 2-12

Na última MESA SECTORIAL (2-12-09) a Administración instou ós sindicatos a asinar un ACTA que recolle,ante o Aplazamento dos Acordos Retributivos e Sociais, o "seu compromiso" de asumilo nun período de tempo superior ó comprometido en Acordos anteriores.
En dita Acta non se recollen as diferentes propostas feitas en varias reunións pola parte sindical.
CC.OO., manifesta CLARA E ROTUNDAMENTE NON ASINAR dita Acta.
CC.OO., que non é asinante do ACORDO MARCO, no seu día amosou o seu desacordo por:firmalo a 5 anos(ata 2012), ser discriminatorio para a maioría dos traballadores no retributivo e por deixar en mans de" comisións técnicas" aspectos sociais importantes, algúns xa recollidos e mellor redactados en anteriores Acordos:Carreira Profesional excluindo a funcionarios e laborais, negociación de cobro por TIS para o persoal sanitario e non sanitario e outros como xornada laboral, acción social, licencias e permisos ou movilidade.
En CARREIRA PROFESIONAL síguese igual, excluindo a FUNCIONARIOS, LABORAIS e INTERINOS; moitos traballadores/as que no 2010 terían dereito a un novo grado non o percibirán:os enlaces extraordinaria-Ordinaria, Ope 2006, última OPE...
A SANIDADE PÚBLICA,nesta CCAA,é amenazada pola Lei de Orzamentos para o ano 2010, xa que recorta a inversión en plantillas(estámolo padecendo),amortizacións de plazas en atención especializada e conxelación do Plan Mellora en Primaria.Ademais pretende que os novos centros de saúde e hospitais sexan financiados e xestionados de forma privada, incrementando o gasto e adelgazando as plantillas.

Por iso, dende CC.OO. coidamos que hoxe mais que nunca temos que defender a SANIDADE PÚBLICA e o EMPREGO.
CCOO recollendo o sentir maioritario das Asembleas celebradas en Galicia, rexeita o APLAZAMENTO DOS ACORDOS ASINADOS e PUBLICADOS,incluso do Acordo Marco,e recollendo a petición dos traballadores/as fai un chamamento a UNIDADE DE TODOS, TRABALLADORES e SINDICATOS e a MOVILIZARNOS UNITARIAMENTE.

O pasado día 26 a PLATAFORMA:CCOO,CESM,CIG,CSIF,SAE e UGT acordou convocar CONCENTRACIÓN no PARLAMENTO GALEGO o día 9, CONCENTRACIÓNS nos centros o día 15 e REUNIRNOS o 16 para PLANIFICAR NOVAS MOBILIZACIÓNS.

A C.I.G. ó finalizar a reunión do día 2 comunica a intención de convocar folga o día 16 e invita ó resto dos sindicatos a sumarse a ela.
CC.OO., entende inapropiado tanto o método utilizado como a propia convocatoria para o día 16; insistimos,necesitamos UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS UNITARIO con accións nos centros, nas rúas e nos medios de comunicación donde a Folga ou Paros sexan unha parte do Calendario.

CONTRA OS INCUMPRIMENTOS DOS ACORDOS!!!
POLA DEFENSA DO PÚBLICO!!!

UNIDADE DE SINDICATOS E TRABALLADORES!!!!

MOVILIZATE COA PLATAFORMA!

miércoles, 2 de diciembre de 2009

pacto de contrataciones

Semella que a UGT perde as formas e os nervios ó ver que CC.OO está defendendo, coma sempre, o dereito dos traballadores por un Pacto de Contratacións xusto,esto queda demostrado no Informa que este sindicato saca o luns 30 acusándonos de “salvapatrias” e compañeiros de cama de CIG.A verdade e que eu prefero ser compañeiro dun sindicalista que non cómplice da Admisitración.

Certo é que eles fixeron unha denuncia ó Pacto de Contratacións, e que manifestaron na Mesa Sectorial a súa disconformidade,igual que CC.OO ,á nova proposta de Pacto que presentou a Administración na última reunión, pero iso non lle da dereito a atacar dun xeito tan burdo nin vetar as accións sindicais de CC.OO nin, por suposto, o dereito dos traballadores de manifestar a súa disconformidade coa proposta da Administración.

Se o seu problema é que apoiamos as reivindicacións dos traballadores , cremos que o problema parte deles e clarexar que CC.OO seguirá na mesma liña independiente pola defensa dos dereitos de TODOS/AS TRABALLADORES E TRABALLADORAS.

Concentracións diante da Dirección Provincial





Hoxe estivemos en Coruña manifestados diante da Dirección Provincial, xa é a terceira vez que acudimos, e levamos unha boa molladura, pero todo vale a pena si acadamos o que vos merecedes. Pois ben ,hoxe había xuntanza alí da comisión de seguimento de contratacións, e sin cortarnos nin un pelo, tomamos o asalto a Dirección Provincial,¡¡¡ mala sorte que xa había rematado a xuntanza cando acadamos o noso obxetivo¡¡¡.
Pero aínda así informovos do que nos enteramos: As baremaciós están terminadas, só falla incluir o da vida laboral, así que a Directora Provincial comprometeu a súa palabra a que en catro días estarían publicadas, ¿tendrá validez a súa palabra?? veremolo.
Tamén enteramonos que a administrativa que fai os chamamentos para o CHUAC de axuliares de enfermería leva 6 meses de baixa e ´non a cubriron , polo cal asumíu esos chamamentos o hospital, e eso onde ven recollido?? e porque este persoal non se sustitúe?? Aproveitando que nosos compañeiros estaban hoxe na mesa do SERGAS xa denunciamos os feitos diante da Directora Xeral e da Subdirectora. veremos tamén si fan algo.
Pero coma sempre decirvos de que calqueira irregularidade que seibades a poñades no noso coñecemento , pois senón pouco podemos facer.

Acudiremos á Mesa Sectorial do día 4 de Decembro reclamando un Novo Pacto de Contratacións xusto , que contemple os méritos acadado tanto a nivel de formación como de experiencia profesional cuns BAREMOS XUSTOS.

Agradecemos a participación que tivemos e seguiremos na batalla ata acadar o reclamado.

Continuaremos mobilizándonos ata conseguilo.

martes, 1 de diciembre de 2009

Comisión de seguimiento de Carreira Profesional extraordinaria de Diplomados sanitarios

Hoxe no Sergas tivemos a xuntanza da comisión de seguimento da Carreira profesional extraordinaria de diplomados sanitarios , alí como xa sabedes vense aquelas solicitudes que foron denegadas nas comisións de seguimentos das diferentes áreas.
Pois ven, coma sempre naquelas xerencias onde non se poden facer ben as cousas porque as diferentes direccións intentar manter os seus criterios, sempre nos encontramos con problemas , e temos que andar mareando a xente para voltar a pedirlles que adxunten máis cousas. Recordarvos que non só puntúa a docencia, senón que dentro do compromiso coa organización puntúan moitos items.Tamén recordarvos que aqueles traballadores que teñades alumnos nas vosas unidades, computase como formación pregrao.
Para intentar clarexar posturas e poñer en claro dúbidas , acordamos nesta xuntanza de hoxe, que cando se presente o se houbera presentado un curso superior a 60 horas ( 6 créditos) o exceso sería tido en conta para computar no grao seguinte.