martes, 15 de diciembre de 2009

Postura de CC.OO. ante a convocatoria de folga do día 16

O pasado día 26 de novembro, os sindicatos que formamos parte da plataforma unitaria, atendendo ao sentir dos traballadores expresado nas diferentes asembleas de Galicia, acordamos:

-Convocar unha concentración diante do Parlamento de Galicia, que se levou a cabo o pasado día 9.
- Convocar unha concentración nos centros de traballo o día 15.
-Reunirse en Plataforma o día 16 para valorar estas concentracións e elaborar un calendario de novas mobilizacións.

O día 2 de decembro, o SERGAS fixo unha nova proposta que, dende CC.OO. e outros sindicatos,valoramos como inaceptable, xa que nin hai incremento para o ano 2010 nin perspectivas fiables para os seguintes anos, tanto na Carreira Profesional como para o resto de Acordos Asinados.
Ao remate da reunión, a CIG, unilateralmente, informou da súa decisión de convocar Folga o vindeiro día 16 e emplazou aos outros sindicatos a sumarnos á súa convocatoria, dando unha marxe para a resposta ata a mañán do día seguinte. Despois da reunión enterámonos de que a dita folga sumábase o SAE.
A actitude da CIG e do SAE é inaceptable e rompe o espíritu unitario da plataforma, que ata o momento tomaba as decisións por consenso de tódolos membros. A folga do día 16 non vai servir para a consecución dos obxectivos marcados pola plataforma e acordados nas Asembleas, polo contrario,crea división e enfrentamento.
CC.OO. non secunda unha folga que non foi convocada pola Plataforma, e fai un chamamento á unidade da plataforma e dos traballadores. O día 16 CC.OO. levará á reunión da plataforma un calendario de mobilizacións tal e como pediron os traballadores nas asembleas, e entre todos valoraremos as medidas a adoptar onde non se descarta ningún tipo de mobilizacións, paros incluídos.

CONTRA AS IMPOSICIÓNS DO SERGAS
POLA CARREIRA PROFESIONAL
POLO RESPECTO DE TODOLOS ACORDOS
POLA UNIDADE DA PLATAFORMA E DOS TRABALLADORES

No hay comentarios:

Publicar un comentario