miércoles, 2 de diciembre de 2009

pacto de contrataciones

Semella que a UGT perde as formas e os nervios ó ver que CC.OO está defendendo, coma sempre, o dereito dos traballadores por un Pacto de Contratacións xusto,esto queda demostrado no Informa que este sindicato saca o luns 30 acusándonos de “salvapatrias” e compañeiros de cama de CIG.A verdade e que eu prefero ser compañeiro dun sindicalista que non cómplice da Admisitración.

Certo é que eles fixeron unha denuncia ó Pacto de Contratacións, e que manifestaron na Mesa Sectorial a súa disconformidade,igual que CC.OO ,á nova proposta de Pacto que presentou a Administración na última reunión, pero iso non lle da dereito a atacar dun xeito tan burdo nin vetar as accións sindicais de CC.OO nin, por suposto, o dereito dos traballadores de manifestar a súa disconformidade coa proposta da Administración.

Se o seu problema é que apoiamos as reivindicacións dos traballadores , cremos que o problema parte deles e clarexar que CC.OO seguirá na mesma liña independiente pola defensa dos dereitos de TODOS/AS TRABALLADORES E TRABALLADORAS.

1 comentario:

  1. Por suposto que o obxectivo principal é defender os dereitos dos traballadores e non atopar máis problemas dos que ahí,que xa nos chega bastante,agora mais que nunca temos que estar unidos e conducir as nosas forzas en conseguir melloras e non pelexando uns cos outros,vaiamos polo que é noso.Esperamos boas novas con respecto o PACTO DE CONTRATACIONS,LISTAS ANTERIORES SEN PUBLICAR AINDA,SALARIOS PACTADOS,CARREIRA PROFESIONAL...contamos con vós, confiamos que o consigades.Un saúdo.

    ResponderEliminar