jueves, 17 de diciembre de 2009

Acoplamentos internos.

Como xa sabedes os acoplamentos internos , despues de varias denuncias tralo acoplamento de persoal sanitario , se habían paralizado por unha sentencia xudicial onde decía que non era competencia das Comisións de Centro esa negociación. pois ben hoxe no seo da mesa sectorial se lle dou legalidade a dito acoplamento ratificandoo .
O mesmo tempo empezou a negociación das bases xerais de acoplamentos internos para o ámbito do SERGAS, ditas bases foron realizadas nas comisións técnicas que firmaron o Acordo Marco ( recordade que CC.OO. non o asinou) , aínda que xa deberían estar feitas , celebramos tamén que por fin empece a negociación. Esto afectaría o paralizamento do Acoplamento interno de persoal non sanitario que tiñemos, e que quedou en suspenso por mor de ditas sentencias. Por eso esta negociación para nos é tan importante, en canto se aproben esas bases poderemos darlle traslado o noso complexo e sacar o Acoplamento suspendido, e incluso veríase de a posibilidade de sacar un xeral para todo o persoal.
Así que hoxe estamos de donle enhoraboa....será pola chegada dos Reis Magos???
Pois benvidos todos os agasallos que nos dé o SERGAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario