lunes, 30 de noviembre de 2009

Nova convocatoria de mesa sectorial

Acabamos de ser convocados para unha vindeira xuntanza o día 2 de Decembro ás 12 horas co único punto da Orde do día: -Situación dos acordos.
A ver con que nos sorprenden agora...xa nos lles quedan moitas opcións....ou rectificades e cunmprides os acordos ou non aceptaremos nada , así que xa sabedes.
Recordade que ese día temos as concentracións polas listas de contratación , así que no viaxe de volta o millor adelantamos algo do que vaia ocorrendo.

jueves, 26 de noviembre de 2009

Listas de Contratacións

A FEDERACIÓN DE SANIDADE DE CC.OO. CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O DIA 2 DE DECEMBRO ÁS 11,00 HORAS DIANTE DAS DIRECCIÓNS PROVINCIAIS

CONTRA A INEFICACIA NA XESTIÓN DAS LISTAS DE CONTRATACIÓNS

POR UN ACORDO DE CONTRATACIÓNS CON BAREMOS XUSTOS E LISTAS XA

¡¡¡ACUDIDE!!!

A nos tócanos concentrarnos diante da Dirección Provincial da Coruña, igual cas outras 2 veces.
Poñeremos autocares a vosa disposición que coma sempre sairán as 9,30 horas diante do Hotel porta do Camiño en San Lázaro.
Non vos esquezades de anotarvos nas seccións sindicais para poder garantir así o traslado.
Dixo o SERGAS : ''sairán as listas de contratación a finais de novembro''
Jajajaja, escojonamonos, non se lles pode creer nada son unhos mentireiros , pero tamén por eso nos non paramos nas nosas movilizacións ata que academos o que queredes. Non faltedes , esixir o voso futuro laboral ... as listas o son.

Tamén decirvos que o día 4 de decembro está convocada unha xuntanza no sergas para falar do novo pacto de contratacións, aquí tamén defenderemos o que queredes.

Mesa Sectorial de hoxe

Agora entralle a presa o SERGAS e non fai máis que convocarnos ás mesas, total para nada, cada vez dan migallas, esto é o que ofreceron hoxe:
Na última Mesa Sectorial a Administración dí que non pode facer un maior esforzo do que xa están facendo en canto as suas propostas,e logo de escoitar as organizacións sindicais, pide un receso. Á volta acude cunha Acta que prantexa cambios sobre o xa ofertado,cunha nova redacción de:

-negociación de Carreira Profesional Ordinaria,non satisfactoria para nós por non concretar nada

-negociación de Carreira Extraordinaria para persoal integrado da Ley 17/89 e do Hospital Naval,pero tendo en conta a disponibilidade económica.

-negociar o pago por cartillas(TIS) para persoal sanitario,que rexeitamos porque exclue ó resto do persoal.

O calendario de aprazamento de pagos mantense coma na última proposta e siguen excluíndo das Negociacións(de xornada,movilidade,licenzas e permisos,acción social,...) ós sindicatos non firmantes do Acordo Marco,é dicir,a CCOO e tres sindicatos máis.

Como podedes imaxinar esto non nos vale e polo tanto e tras valorar o senso maioritario dos traballadores nas asembleas, a Plataforma acorda as seguintes movilizacións:

· 9-12-09 ás 17,30h concentración diante do Parlamento(Santiago) coincidindo co primeiro debate parlamentario dos Orzamentos

· 15-12-09 concentración nos Hospitais e Xerencias de At. Primaria.

Para a vindeira semana teremos outra xuntanza de Mesa Sectorial que o Sergas xa da por definitiva.
¡FAI VALER OS TEUS DEREITOS!

miércoles, 25 de noviembre de 2009

derradeira información

Boas noites compañeiro/as :

En primeiro lugar decir que nas asambleas de toda Galicia @s traballadores decidiron :
Rexeitar a derradeira proposta do SERGAS da Mesa do 19 novembro.
Que sigamos en Unidade de Acción na Plataforma ( sabedes que na mesma non quixo estar o SATSE que foi asinante do Acordo Marco e agora "entende" que estamos en crise e NON FAI NADA polo seu colectivo profesional nin para revertir a postura da Administracción )
Salvo en Ferrol e o Barco , no resto dos Centros rexeitaron a FOLGA de momento pero si se quere un calendario de mobilización sostido.
No día de hoxe , CC.OO. tivo unha reunión do seu Comité Federal ( de toda Galicia ) para decidir nosas posicións logo de escoitar ós traballador@s nas asambleas , e decidimos plantexar no seno da Plataforma as cuestións que xa vos comentamos.
Mañán xoves 26 voltamos a ter Mesa Sectorial .......Seguiremos informando

xuntanza plataforma

Despois das asembleas que houbo onte en todos os centros do SERGAS , onde maioiritariamente os traballadores e traballadoras decidiron non aceptar a nova proposta do sergas, así como seguir apoiando a unidade sindical e a continuación das movilizacións. A pesares de que en algunhas delas salíu a palabra folga, só en ferrol e O Barco secundouse esta posibilidade polo momento.
Hoxe xuntase a plataforma sindical e en ela tras proposta de CC.OO.decídese que na Mesa sectorial de mañán,se non hai ningún avance na negociación se manteña un peche dos integrantes da Plataforma ata que a Conselleira e os máximos responsables da Consellería e do Sergas desbloqueen a negociación.
CCOO propón ampliar o sentido da Plataforma para que se inclua a defensa da sanidade pública, o que é secundado pola maioría. así como unha entrevista-rolda de prensa cos grupos do PSOE e BNG para a denuncia do deterioro do Sistema Público de Saúde Galego,e o trato que se lle está dando ó persoal deste Servizo.
Como próxima data de movilizacións O día 9 faremos unha concentración de delegados e traballadores diante do Parlamento ás 17 horas. xa que esa é a data de votación dos presupostos, así que non faltade, a ver si o que manifestades nas asembleas logo vese reflexado na realidade de a pé.

lunes, 23 de noviembre de 2009

Asembleas de Mañán

Mañán vemonos nas asembleas que hai nos catro hospitais do Complexo ás 12 horas, CC.OO. tendrá coma sempre presencia de delegadas en todos eles, non faltedes¡¡¡¡¡ necesitamos coñecer a vosa opinión sobre a nova proposta do SERGAS, para pronunciarnos na xuntanza conxunta da plataforma sindical o mércores pola tarde. Que non vos mintan, CCOO segue na plataforma, e loita pola unidade sindical.
A continuación vamos a expoñervos o que este sindicato opina da nova proposta.
Non nos vale¡¡¡ e porque, pois leede a continuación.

A Carreira Profesional Ordinaria, non se ve refrexada no documento con concreción, CC.OO. quere que apareza:

· Ámbito da carreira: persoal ó servizo do SERGAS independentemente do seu vínculo xurídico, funcionario, laboral, estatutario.

· Enlace carreira extraordinaria-ordinaria automático.

· Negociación do réxime ordinario en 2010, e recoñecemento de grao no mesmo ano.

· Recoñecemento dos efectos económicos da carreira ordinaria no 1º semestre do 2011.

-Os diferentes acordos asinado e publicados no DOG: plan mellora, acordo PAC, médicos urxencias hospitalarias , que foron derivados para o seu cumprimento cara ó Acordo Marco, deben voltar á Mesa Sectorial para o seguimento e cumprimento. A suspensión afecta a diferentes acordos, entre eles o Marco, e cada un ten que ser tratado no seu ámbito de negociación.

-Non aceptamos que se sigan tratando en comisións técnicas o desenrolo dos Acordos, foron negociados e asinados en Mesa Sectorial e este é o ámbito de negociación.

-Non se contempla no documento cuestións que se poden negociar no 2010, como o plan de pensións, ou a resolución extraxudicial de conflitos.

-O documento só fala de condicións retributivas, non garante condicións de traballo nen de aumento e cobertura de plantillas, esquece a creacións de servizos e categorías, algúns tan importantes coma as de saúde laboral, sen cumprir como establece a LPRL.

Agora vos sacade as vosas conclusións, valevos ou non vos vale?

jueves, 19 de noviembre de 2009

Mesa Sectorial de hoxe

Hoxe , como xa vos informamos, tivo lugar a xuntanza da Mesa Sectorial do SERGAS. O final, e grazas os vosos esforzos de movilizacións. Pois ben, a Administración muda a súa proposta e avanza algo, aínda que segue sen querer aceptar nada no 2010. CC.OO. manifesta as súas pretensións , que podedes ollar no blog de onte.
O máis sinalable é que o acordo chega só ata o 2013, xa non o 2014 e sen ligar o nivel de ingresos da comunidade.
O 2010, volve a figurar sen nada, agás 6 millóns de euros que teñen que pagar dos acordos deste ano, pero que cumprirían no seguinte, a saber: actualizacións das carreiras, carreira das fundacións con actualizacións a 1 de xaneiro....
No primeiro documento introducen unha clausula de salvagarda , de aplazamento no 2014, para garantizalo cobro si as circunstancias impediran todo o pago no 2013.
A semán que ven vanse facer asembleas nos centros para explicar o acordo proposto, e ver o que lles parece os traballadores. A continuación xuntarase de novo a plataforma para decidir o que fai tendo en conta o manifestado por vos nas asembleas, por iso é moi importante a vosa participación.
Se queredes coñecer xa a nova proposta do SERGAS, pasade polas seccións sindicais.

Concentración de hoxe

Hoxe levamos a cabo a segunda concentración diante das direccións provinciais do SERGAS reclamando a publicación dos listados de contratación da convocatoria de Abril de 2009.

O SERGAS comprometiu a data de mediados de novembro e agora xa fala de finais de novembro ou decembro XA ESTÁ BEN DE XOGAR CO TRABALLO DO PERSOAL. Esiximos a publicación e entrada en fucionamento das devanditas listas.

E esiximos a negociación inmediata do novo Pacto de Contratacións xusto , que contemple os méritos acadado tanto a nivel de formación como de experiencia profesional cuns BAREMOS XUSTOS.

Agradecemos a participación que tivemos e seguiremos na batalla ata acadar o reclamado.

¡¡Que non lles quepa duda de que continuaremos mobilizándonos ata conseguilo¡¡

miércoles, 18 de noviembre de 2009

Información dos acordos suspendidas


Ante a proposta do Sergas na mesa sectorial do día 12/11/09, CC.OO. manifestou o seu REXEITAMENTO a proposta de dilatación retributiva asi como denunciamos que na proposta non se concretan outros acordos imcumpridos e pedimos que no documento entregado reflexe:

.Carreira Profesional Ordinária: plazos e enlace coa Extraordinaria.
.As melloras recollidas no Plan Mellora,
.Acordo retributivo das urxencias hospitalarias
.Plantillas, contratos en precário.....
.Incremento retributivo no ano 2010

Dado que CC.OO non foi parte asinante do Acordo Marco, entre outras razóns, porque considerabámos excesivo o plazo de aplicación 2008-2012 (xá deciamos no seu momento que era un acordo que hipotecaba non somentes o incremento retributivo, senon tamen futuras negociacións noutros aspectos) solicitamos do SERGAS apertura dunha mesa negociadora na que ademais de tratar aspectos retributivos inclua os puntos referenciados anteriormente.
CC.OO. CONTINUA NA PLATAFORMA SINDICAL , para que non quede ningún xenero de dudas. Estivemos sempre en todolos foros e nas medidas que por parte da plataforma se consideraron en cada momento(concentracións, asambleas, peches, prensa,)
Dende CC.OO. consideramos que a proposta por parte da Administración e unha clara agresión e volta a hipotecar o futuro dos traballadores/as da sanidade pública galega.
CC.OO. coincide coa opinion dos traballadores/as nas asambleas de todolos centros hospitalarios en tomar todalas accións encamiñadas a que se cumplan os acordos asinados e a retomar a carreira ordinaria do conxunto dos traballadores/as non descartando movilizaciones mais contundentes
Ante a convocatoria da mesa sectorial para o dia 19/11/09 para poñer na mesa outra proposta, tomaremos as decisións axeitadas en conxunto.

denuncia sindical da OPE

Como xa vos informamos, recibimos moitas queixas despois da proba de PSX e AUX. Admtvo. por haberse detectado moitas irregularidades que non podemo nin debemos consentir. A Secretaria Xeral da Federación deste sindicato , ha posto o tema en coñecemento do SERGAS facendo un relato dos feitos acontecidos , para ter unha xuntanza cos tribunais correspondentes. Vou deixarvos aqui copia do escrito para que o vexades. Unha vez que teñamos noticias , como sempre vos informaremos.

A/A Rosario Garcia Villadangos
S.Xeral de xestión e Políticas de Persoal

De: Lola González Lorenzo
S.Xeral da FSS de CC.OO.

Asunto: Irregularidades na realización do exame da OPE 08/09 categorías PSX e Auxiliar administrativo.

Santiago 18 de novembro de 2009
Logo da realización das probas das categorías de PSX e Auxiliar administrativo o pasado domingo 15 de novembro no recinto ferial de Silleda, achegamos as seguintes irregularidades que nos foran prantexades por un gran número de opositores:

O papel da planilla de respostas estaba defectuoso, polo que non cumpriu coa función autocopiativa, os aspirantes que lle sucedeu esto non poideron levar unha copia para a súa corrección.
Unha prantexado o problema a algúns aspirantes se lles dixo que podían copiar as respostas noutro papel de xeito rápido, moitos non tiveron tempo de facelo.
Outro aspirantes que xa sairan do recinto voltaron a entrar para facer copia das respostas.
Formouse unha fila de xente que, co exame orixinal na man, estiveron agardando para facer copia das respostas , poidendo alterar as mesmas, xa que podian falar entre eles e manipular a folla de respostas.
Aos aspirantes que sairon e voltaron a entrar se lles entregou o seu exame para copiar, e coa posibilidade de rectificar.
Os aspirante que non fixeron no momento a copia teñen agora a oportunidade de pedila e que lle sexa enviada, pero sen ter a certeza de que sexa realmente a sú proba.


Dada a gravidade do asunto consideramos necesario e urxente manter unha xuntanza cos tribunais correspondentes e a súa dirección, na que se nos explique a solución que se lle vai dar o problema, se é necesario repetir as probas , e a seguridade que teñen tendo en conta que non se mantivo a confidencialidade.

Agardamos a súa resposta


Asdo: Lola González Lorenzo
S.X da FSS de CC.OO.

lunes, 16 de noviembre de 2009

Nova convocatoria de mesa sectorial

Andan tomandonos o pelo continuamente, hoxe chega unha nova convocatoria de mesa sectorial, antes das asembleas de mañán, como era lóxico, nos marean a nos e a vos, pero a ver si recapacitaron o fin de semana.
O SERGAS acaba de remitirnos unha convocatoria de Mesa Sectorial para o XOVES 19 de Novembro ás 11 horas.
A orde do día da convocatoria é un único punto

INFORMACIÓN SOBRE A SITUACIÓN DE ACORDOS
Esta convocatoria supón un pequeno cambio de actitude da administración despois de que lle reprocháramos a pouca seriedade con que se está a tomar o conflito .

Agardamos que nesta Mesa Sectorial aparezan os cambios que demandamos e se cumpran os Acordos asinados.

Recordamos a todos e todas os/as traballadores/as que CC.OO. mañán non poderá estar nas asembleas,a pesares de intentalo
Pero queremos decirvos que nos estamos na plataforma, e non é a nosa intención abandonala, pero non por iso vamos a deixar que a nosa posición non sexa escoitada e defendida. Que non vos confundan¡¡ Un saúdo

Examen PSX

Erros en Silleda , no examen de PSX. Onte celebrouse en Silleda o exame da categoría de PSX.
Por un erro da imprenta a moitos exames faltaballe a última folla autocopiativa, xerando desa maneira un problema serio.
Despois de contactar co Sergas, propoñen o seguinte: Que cada afectado remita notificación con nome e fax o Sergas de tal circunstancia, e este remitirá o fax que lle notifiquen a folla que lle falta.
O nº de Fax onde tedes que notificalo é :881 542818 ou sinon para que sexa máis axil chamade o tlf: 881 5428002 , dando os vosos datos e un nº de FAX para que a envien.

viernes, 13 de noviembre de 2009

Asembleas da Plataforma sindical

Xa temos a convocatoria de asembleas previstas para o vindeiro martes 17 de novembro, decirvos que se celebrarán ás 12 horas nos 4 hospitais: Clínico, Conxo, Gil Casares e Psiquiátrico.
Non esquenzades e levar a vosa opinión pensanda.

Mesa Sectorial de onte

Onte houbo a xuntanza da mesa sectorial, como xa sabedes, era o compromiso da Conselleira tralas movilizacións levadas a cabo pola suspensíón dos acordos, o acontecido foi de chorar, o único que nos entregan é unha nova proposta cun escenario de tempo para cumprir os acordos...A esperar máis tempo aínda, como eran xa poucos anos pois queren meter máis¡¡¡ Pero e que así non se pode chegar a ningún acordo, non sei que pensan. A continuación vos deixo por escrito a proposta presentada de novo escenario temporal de cumprimento dos Acordos.

As bases son as seguintes:
ano 2010:non se aplicará ningún incremento retributivo
ano 2011:ano de inicio de cumprimento de parte dos Acordos Suspendidos
ano 2014: data límite para o cumprimento de todos os Acordos Suspendidos

A proposta non contempla:
a Carreira Profesional Ordinaria nin cómo rematará e enlazará coa Extraordinaria.
as melloras recollidas no Plan Mellora,e logo derivadas a outro Acordo.
nada do incumprido no 2009
ningunha subida para o 2010
a concreción dos Acordos a cumprir

A opinión que a CC.OO. lle parece esta nova proposta é que a metan por onde ches quepa¡¡
¡¡ESIXIMOS UNHA NOVA PROPOSTA ONDE SE RECOLLAN TODOS OS ACORDOS SEN APLAZAMENTOS¡¡¡
Xa non asinamos un Acordo Marco,entre outras razóns, porque considerábamos excesivo o prazo de aplicación 2008-2012,polo que rexeitamos aceptar un aplazamento maior que volte a hipotecar o futuro da negociación dos traballadores.

O vindeiro martes a Plataforma unitaria vai facer asembleas de traballadores nos centros do Complexo para explicar máis a miúdo o texto presentado, asi como para escoitar as vosas opinións. Ese día CC.OO. non poiderá asistir as asembleas por estar nun Consello que xa estaba fixado, pregamos disculpas, pero non poidemos trocar ningunha das dúas datas, De calqueira maneira xa sabedes como contactar con nos para decirnos o voso parecer. Vos seguiremos informando.

Peche no Hospital do Barbanza


Deciros cos nosos compañeiros e compañeiras do Hospital do Barbanza, tamén estiveron pechados, alí a difusión que os medios de comunicación locais lle deron foi maior,será que polo de agora están menos acostumados cos nosos.... Deixovos aqui un foto pubricada na Voz para que os vexades.

Asi me gusta ...todos a Unha¡¡¡¡ a ver si acadamos o que queremos.

jueves, 12 de noviembre de 2009

Manifestación en Madrid


Os sindicatos CC.OO. e UXT, convocan unha movilización xeral en Madrid de traballadores e traballadoras de todo o estado para que os Gobernos non se aproveiten da crise e manteñan o diálogo social, os compromisos sociais, o emprego estable, o traballo digno e contra a destrucción masiva do emprego.

Movilizate con nos¡¡¡¡ o 12 do 12 ás 12

Pondremos autobuses de balde para acudir, anotate nas seccións sindicais.

Listas de Contratacións.

Como ven sabedes as listas de contratación seguen sen sair e non parece que haxa ningún movemento ó respecto, por parte do Sergas ,seguen decindo que aínda hai zonas que estan baremando, Canto Tempo máis van necesitar? Hai interes por sacalas? ESTO É UNHA TOMADURA DE PELO. Dende CC.OO seguimos defendendo que as listas teñen que sair XA e que o Sergas ten que volverse a reunir cos sindicatos para tratar a nova proposta de listas de contratación polo que vos convocamos a unha concentración na delegación provincial da Coruña
o día 19 de Novembro ás 11 horas NON FALTEDES XOGAMONOS MOITO. ESTO É O NOSO FUTURO.
(Os que poidades asistir chamade a sección sindical para poder poñer autobuses).
Xa coñecedes cal é a nosa postura sobre a proposta de cambio de listas....NON estamos dacordo¡¡¡ Unha soa Lista.

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Cómputo dos LDS

Ante o remate do ano ,as supervisoras están facendo os cómputos de xornada ,hai problemas co aplicativo informático, sobre todo no caso de que se pediran LDS en noites. Pois ben si o cómputo que facedes non coincidevos co que vos dan, poñeros en contacto con nos para facer a reclamación que corresponda ante RRHH. Os días son vosos que non intentes chorizalos por culpa dun erro informático, a disculpa non cola.

OPE de celadores

Temos queixas dos celadores sobre a OPE, puxeron preguntas relativas a Prevención de riesgos laborais no examen do específico, cando o tema viña como común no tema 8.
Ante isto ou calqueira outra reclamación, pasade pola Sección sindical onde temos un modelo para impugnar as preguntas. Lembrade que temos 5 días hábiles así que remata o prazo o vindeiro martes

martes, 10 de noviembre de 2009

Novo peche no Chus




Hoxe de novo ,os integrantes da plataforma sindical voltamos a pecharnos na entrada principal do Clínico, pero hoxe a decoración era máis entretenida e máis imaxinativa, pero a diferencia da semán anterior , a afluencia de traballadores foi menor ¿ Qué pasa compañeiros, vades cansandovos , ou é que xa perderchedes a esperanza?, Pues non, que non hai que decaer...imolo acadar, xa veredes¡¡¡¡
Mañán no Parlamento interven o Bloque facendo enmendas os orzamentos e defendendo as nosas xustas reivindicacións.... que seiba que agradecemolo.
Lembrade que o día 12 ten lugar a Mesa Sectorial de Sanidade , sendo a data que temos para saber si por fin a Conselleira nos tivo en conta. Deixovos unhas fotos de hoxe para que nos poidades ver, os que non estivechedes.

sábado, 7 de noviembre de 2009

Calendario laboral do ano 2010 en galicia

Deixovos aquí o enlace onde está colgado e podedes ver o calendario laboral de galicia:
http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/28FF6?OpenDocument
Asemesmo os deixo tamén as festas locais para o Concello de Santiago que son:
.13 de Maio .-Ascensión e
.16 de Agosto.- San Roque

viernes, 6 de noviembre de 2009

Convocatoria da Mesa Sectorial

O Sergas acaba de convocala Mesa Sectorial para o vindeiro día 12. Esperemos que nos sorprenda con algo máis que con temas de trámite, aínda que coñecendoos seguro que non adiantamos nada. Máis do mesmo. Pero nos cos traballadores, o firmado é sagrado. non permitiremos demoras nos acordos , non só nos retributivos.Vémonos o día 10 nos peches que están previstos. Na entrada do Clínico estaremos as 24 horas as representantes de CC.OO. o igual que estivemos o día 3.

Opinión do sindicato sobre o aborto.

A Secretaría Confederal da Muller de Comisións Obreiras e as Secretarías da Muller de Federacións e Territorios de Comisións Obreiras, ante a nova Lei de aborto, desexan manifestar que:

  • Se dea conta da demanda social actual (112.138 abortos, datos oficiais do Ministerio de Sanidade, do ano 2007, últimas cifras oficiais) e se garanta a seguridade xurídica das mulleres e a boa atención a quen decida exercer o dereito ao aborto.
  • Se respecte, ante todo, a capacidade de decisión das mulleres.
    Se regule a obxección de conciencia médica e que esta sexa compatible co dereito das mulleres ao aborto.
  • Se garanta o dereito ao aborto na rede pública sanitaria, de maneira que ningunha muller teña que se desprazar lonxe do seu domicilio habitual para facer uso do dito dereito.
  • Se poñan en marcha programas de formación en educación afectivo-sexual tanto nos colexios como nos institutos de ensino medio e formación profesional.
  • Se respecte o traballo dos e das profesionais, tanto da rede pública como da rede privada-concertada, que decidan realizar intervencións de interrupción voluntaria do embarazo e se acabe, polo tanto, coa súa indefensión actual.

miércoles, 4 de noviembre de 2009

Certificado de Galego

Os aspirantes a OPE que aínda non fixeron os exames e non presentaran o certificado de galego no seu momento,poden facelo agora(os que fan exames este fin de semana ata hoxe e os que o fan o fin de semana do 14 e 15 ata o día 11).
Esta información non está colgada na web do Sergas,pero en conversación telefónica con eles nos dín que aceptarán os que se lle envíen así.

Portas de Chamamentos da OPE

Están colgadas na páxina web do SERGAS as portas polas cales faran os chamamentos os opositores que vos examinades este fin de semán da OPE en Silleda, podedes consultalas alí ou ven chamarnos. Van por apelidos. Boa Sorte¡¡¡¡

Peches nos Hospitais




Onte estivemos pechados os sindicatos que conformamos a plataforma sindical reivindicando que se cumpran os acordos asinados co anterior goberno. O peche foi de 24 horas, eiqui estivemos o pé do cañón todo o día, pero a verdade é que foi moi agradable ver como corresponderon os traballadores, as asembleas do Clínico foron moi numerosas, sobre todo a da mañán.
A estas horas non hai novidades por parte da Consellería , pero si surxiran volas trasmitiremos.
Deixovos eiqui unhas fotiños do peche de Ferrol, veredes que o montaron millor que nos, son máis divertidos. Os que saen son unhos compañeiros de CC.OO.




lunes, 2 de noviembre de 2009

Concentración

Hoy por la mañana , estaba convocada una concentración de delegados y delegadas de la Plataforma sindical , delante del Palacio de Congresos, dado que iba la Conselleira a un acto.
Pues sí compañeros y compañeras, alli estuvimos, silbando a los que entraban al acto, manifestando lo que pedimos, ( respeto a los acuerdos firmados) y pidiendo la dimisión de un Conselleira que no respeta a los órganos de negociación. . En el momento que llegó la Conselleira, con todo su séquito, gritamos aún más y la cercamos. Mostró cara sorprendida y al rato de haber entrado , solicitó dentro del recinto la presencia de los y las secretarios generales de los sindicatos convocantes. Lo manifestado por ella es que esta tarde convocaría la Mesa Sectorial para reunirnos en breve y con el informe de Hacienda , decirnos en que plazos se podrían hacer efectivos los aplazamientos.
La mesa de negociación es el ámbito donde los asuntos del SERGAS se negocian, por lo tanto allí estaremos , pero tb por supuesto nos oirá y en nuestras bocas oirán la voz de todos y todas los trabajadores y trabajadoras del SERGAS.
Os informaremos de lo allí hablado, esperemos que no sea otra reunión como la del viernes, vamos que nos intenten hacer perder el tiempo ..... ''Ni un paso atrás, A por ellos''''
Ahh recordaros que mañana nos veremos en el encierro del Clínico y tb tendremos asambleas informativas de mañana en todos los centros y de tarde tb en el clínico. Ver las horas en el Blog.

Matronas Sancionadas

Y seguimos con las sanciones.....Ya son 12 las matronas sancionadas, a la lista de las 5 que están 6 meses sin empleo y sueldo, ahora hay 7 más con una suspensión de un mes sin empleo y sueldo.

Nos preguntamos sin va a a ser esta la nueva política de gestión en el CHUS, o te callas o te vas para casa sin empleo y sueldo. CC.OO. no comparte para nada esta política de amedranamiento, por mucho que un jefe de servicio quiera imponer su santa voluntad ,y por esa razón este sindicato sigue estando encima del problema y denunciando la barbaridad de esta gestión en los medios de comunicación. El sábado salió un artículo en la voz por una nota de prensa de este sindicato que podeis consultar en este link http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/10/31/0003_8074508.htm
Hemos llevado el tema a la Comísión de Centro del Complejo , y parece que el resto de los sindicatos quieren mirar para otro lado, ''como es un tema ya judicializado no es de su incumbencia '' ''deberían haber obedecido y luego protestado'' fueron frases que menifestaron los representantes sindicales presentes en la reunión mensual. Por supuesto nosotros no compartimos para nada esta manera de ver y hacer sindicalismo.Cuando un trabajador tiene o tenga un problema laboral, este sindicato estará a su lado y mucho más cuando se trate de sanciones tan duras como ésta, por defender en lo que creen. Si nuestros antepasados hubieran echo lo mismo , donde estarían los derechos que hemos conseguido? no nos olvidemos que fueron logrados por el sacrificio de muchos y muchas trabajadores/as.
Nosotros no podemos entender el sindicalismo de otra forma, recordemos compis , que hasta hace poco el personal de enfermería estaba limpiando los zuecos de los médicos y diciendo a todo ''sí guana''. Que mierda de profesión defendemos si no nos dejan opinar sobre ella, intentando, en la mayoría de los casos mirar por aquello que ni la propia administración mira.
Que opinarán los otros sindicatos cuando a alguien le manden atar un nudo a una bolsa y considere que no es su función?. ahí si que se volcarán. O cuando a un facultativo le cambien el turno? eso tb será de gran debate en el seno de la Comisión de Centro. No es que los anteriores problemas no sean importantes, para nosotros todos lo son,pero éste tb. no podemos decir que es un problema de ese personal y que se resolverá en los juzgados. Lo mínimo es estar ahí con esas trabajadoras que ahora tiene encima un gran problema y , NOSOTROS estaremos .