jueves, 26 de noviembre de 2009

Mesa Sectorial de hoxe

Agora entralle a presa o SERGAS e non fai máis que convocarnos ás mesas, total para nada, cada vez dan migallas, esto é o que ofreceron hoxe:
Na última Mesa Sectorial a Administración dí que non pode facer un maior esforzo do que xa están facendo en canto as suas propostas,e logo de escoitar as organizacións sindicais, pide un receso. Á volta acude cunha Acta que prantexa cambios sobre o xa ofertado,cunha nova redacción de:

-negociación de Carreira Profesional Ordinaria,non satisfactoria para nós por non concretar nada

-negociación de Carreira Extraordinaria para persoal integrado da Ley 17/89 e do Hospital Naval,pero tendo en conta a disponibilidade económica.

-negociar o pago por cartillas(TIS) para persoal sanitario,que rexeitamos porque exclue ó resto do persoal.

O calendario de aprazamento de pagos mantense coma na última proposta e siguen excluíndo das Negociacións(de xornada,movilidade,licenzas e permisos,acción social,...) ós sindicatos non firmantes do Acordo Marco,é dicir,a CCOO e tres sindicatos máis.

Como podedes imaxinar esto non nos vale e polo tanto e tras valorar o senso maioritario dos traballadores nas asembleas, a Plataforma acorda as seguintes movilizacións:

· 9-12-09 ás 17,30h concentración diante do Parlamento(Santiago) coincidindo co primeiro debate parlamentario dos Orzamentos

· 15-12-09 concentración nos Hospitais e Xerencias de At. Primaria.

Para a vindeira semana teremos outra xuntanza de Mesa Sectorial que o Sergas xa da por definitiva.
¡FAI VALER OS TEUS DEREITOS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario