miércoles, 18 de noviembre de 2009

Información dos acordos suspendidas


Ante a proposta do Sergas na mesa sectorial do día 12/11/09, CC.OO. manifestou o seu REXEITAMENTO a proposta de dilatación retributiva asi como denunciamos que na proposta non se concretan outros acordos imcumpridos e pedimos que no documento entregado reflexe:

.Carreira Profesional Ordinária: plazos e enlace coa Extraordinaria.
.As melloras recollidas no Plan Mellora,
.Acordo retributivo das urxencias hospitalarias
.Plantillas, contratos en precário.....
.Incremento retributivo no ano 2010

Dado que CC.OO non foi parte asinante do Acordo Marco, entre outras razóns, porque considerabámos excesivo o plazo de aplicación 2008-2012 (xá deciamos no seu momento que era un acordo que hipotecaba non somentes o incremento retributivo, senon tamen futuras negociacións noutros aspectos) solicitamos do SERGAS apertura dunha mesa negociadora na que ademais de tratar aspectos retributivos inclua os puntos referenciados anteriormente.
CC.OO. CONTINUA NA PLATAFORMA SINDICAL , para que non quede ningún xenero de dudas. Estivemos sempre en todolos foros e nas medidas que por parte da plataforma se consideraron en cada momento(concentracións, asambleas, peches, prensa,)
Dende CC.OO. consideramos que a proposta por parte da Administración e unha clara agresión e volta a hipotecar o futuro dos traballadores/as da sanidade pública galega.
CC.OO. coincide coa opinion dos traballadores/as nas asambleas de todolos centros hospitalarios en tomar todalas accións encamiñadas a que se cumplan os acordos asinados e a retomar a carreira ordinaria do conxunto dos traballadores/as non descartando movilizaciones mais contundentes
Ante a convocatoria da mesa sectorial para o dia 19/11/09 para poñer na mesa outra proposta, tomaremos as decisións axeitadas en conxunto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario