jueves, 10 de junio de 2010

RECORTE SALARIAL DO GOBERNO DO PP


RECORTE SALARIAL DO GOBERNO DE FEIJOO


O día 7 anunciannos na mesa da función pública a modificación dos orzamentos para esta Comunidade tralo recorte aprobado polo goberno de Madrid.

Pouco que dicir do que alí contaron, que non é o mesmo que contan en Madrid. O director xeral de orzamentos, o que colleu o cargo falando xa de privatizacións, non só vai baixar os salarios dos empregados públicos de Galicia, tamén vai recortar os orzamentos dos concertos e convenios de colaboración da Xunta, como os de atención ás drogodependencias.

Curiosamente o PP non apoia o Plan de Zapatero , pero despois e apesares do que manifesta en Madrid , nas comunidades que goberna tamén recortan a parte que lles toca. ¿En que quedamos Sr. Feijoó, está dacordo co Psoe ou non o está?
Claro cando falamos de cartos ninguén quere deixar de recaudalos, aínda que outros leven a culpa.

Sen explicar polo miudo cómo vai a ser o desconto sí nos dí que van baixar un 5% as retribucións de salario base, trienios e complemento de destiño , e un 4% o restos dos complementos.

ISTO DEBE SER A ADAPTACIÓN DA QUE FALOU FEIJOO CANDO DIXO EN MADRID QUE NON IA A APLICAR O DECRETO EN GALICIA.
É o segundo decretazo que nos aplican ao persoal estatutario do SERGAS, primeiro suspensión de acordos e agora reducción.
IGUAL EN GALICIA QUE EN MADRID, NESTO SÍ ESTÁ DACORDO.

Eso sí, non se retira o Plus de altos cargos nin se merman os postos de asesores e persoal de confianza, tampouco imos vender mais coches oficiais.

PARTICIPA NAS MEDIDAS QUE SE LEVEN A CABO
!!! NON QUEDES COMA UN BONECO NAS SÚAS MANS!!


¡¡¡NON O DECRETO DE FEIJOO¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario