martes, 16 de marzo de 2010

Acoplamento interno.

O vindeiro luns 22, a Dirección convoca a Comisión de centro á primeira xuntanza para tratar os temas de Acoplamento interno. A petición por parte dos sindicatos é de convocar a mesma vez os de persoal sanitario e non sanitario, dado que agor deben de rexirse polas bases xerais de movilidade interna, que foron aprobadas na mesa Sectorial do SERGAS , e que recordamos que non foron asinadas por este sindicato. Esta non firma non quere decir que neste Complexo non estemos dacordo con que saian ditos acoplamentos senón todo o contrario. Ademais con estas novas bases non se negocia como sindicatos senón como Xunta de área e ahí estaremos.
Seguiremos informandoos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario